ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComercioDestacado

Concello e comerciantes traballan nas bases dos Bonos Corazón de Santiago

06/11/2023.- A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, mantivo hoxe unha xuntanza con representantes das asociacións de comerciantes de Santiago para poñer en común as bases da nova convocatoria dos Bonos Corazón. Nos próximos días, celebrarse outra xuntanza co sector hostaleiro. A previsión é que os bonos estean dispoñibles a mediados deste mes e se poidan consumir ata o 22 de decembro.

Líder Redacción

Líder Redacción

6 de noviembre de 2023 a las 12:00

Compartir

Na reunión coa concelleira responsable de Comercio participaron representantes de Santiago Centro, Compostela Monumental, Em Rede, e Comercio Punto Compostela. María Rozas explicou os cambios que se van introducir nas bases da convocatoria deste ano, a principal relacionada co importe dos Bonos Corazón. Así, este ano só haberá bonos de 50 euros, e cada persoa poderá solicitar un máximo de tres. Deses 50 euros, o Concello achegará o 40%, porcentaxe idéntica a de anos anteriores. Ademais, decidiuse limitar a convocatoria aos establecementos que non superen os 500 metros cadrados, «co obxectivo de favorecer ao pequeno comercio de proximidade».

Na xuntanza, María Rozas explicou tamén os motivos polos que non se fan dúas convocatorias diferentes de Bonos Corazón para o comercio e para a hostalería. Tal e como apuntou a concelleira, «facer dúas convocatorias suporía o risco de deixar fondos sen gastar, no caso de que nun dos sectores non se esgotara a partida habilitada, que non podería ser destinada ao outro».

O Concello destinará este ano 433.000 euros aos Bonos Corazón, unha cantidade que duplica as previsións iniciais do Goberno, posto que nos orzamentos prorrogados de 2023 só había unha partida de 200.000 euros para esta convocatoria. O obxectivo é mobilizar un millón de euros en compras no pequeno comercio e na hostalería. Os Bonos estarán operativos a mediados deste mes, e poderánse gastar ata o 22 de decembro.

Etiquetas

bonoscampañacomerciosantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’
Comarca

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago
Actualidad

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago

O tecido empresarial e hostaleiro de Ames estará xeolocalizado nunha guía municipal
Comarca

O tecido empresarial e hostaleiro de Ames estará xeolocalizado nunha guía municipal

Nova edición de “Compras con Corazón” en Boiro durante o mes de maio
Comarca

Nova edición de “Compras con Corazón” en Boiro durante o mes de maio