ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarcaPolítica

Concello de Teo e Xunta traballan para implementar de forma urxente o servizo dun bus lanzadeira

Líder Redacción

Líder Redacción

11 de junio de 2024 a las 18:57

Compartir
  • Con este servizo búscase conectar os núcleos da Ramallosa, Cacheiras e Montouto coa liña 6 do bus urbano, que actualmente chega ata Os Tilos
  • Preto de 9.000 persoas que viven neses núcleos teenses beneficiaríanse desa conectividade coa capital galega, cuxo transbordo sería gratuíto para os usuarios

Teo, 11 de xuño de 2024.- A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz, mantivo esta mañá unha xuntanza coa directora xeral de Mobilidade, Judit Fontenla, para presentarlle a súa proposta de bus lanzadeira que cubriría os núcleos da Ramallosa,Cacheiras e Montouto e conectaría coa liña 6 de bus urbano que chega ata o núcleo dos Tilos.

Así, ante a negativa do Concello de Santiago de Compostela a ampliar a dita liña en 2,5 quilómetros ata a rotonda do Gadis de Cacheiras, a rexedora teense levou ante a Xunta de Galicia a súa proposta dun servizo de bus lanzadeira, co fin de conectar coa capital galega a preto de 9.000 persoas que viven nas parroquias dos Tilos e na de Cacheiras, ademais da zona da Ramallosa, e que se desprazan principalmente por motivos laborais ou académicos. Ademais, matizou a rexedora, o transbordo neste servizo co bus urbano sería gratuíto para todas as persoas usuarias.

Desta forma, puntualizou Lucía Calvo de la Uz, melloraríanse as conexións co bus urbano, aliviaríase o tráfico rodado cara a Santiago e suporía vantaxes de respecto co medio. Precisamente, eses eran os obxectivos plasmados na proposta que o Concelloteense lle presentou, en agosto de 2023, ao Concello de Santiago. Unha proposta que caeu en saco roto, a pesares dunha primeira boa acollida por parte de ambas administracións locais.

Na reunión desta mañá, a directora xeral deu o seu visto bo para analizar esa proposta, enmarcada dentro do convenio de colaboración entre o Concello de Teo e a Xunta de Galicia polo que se presta un servizo de interese municipal, e salientou que as novas demandas se estudarían na máxima brevidade posible, co fin de poder implementar o dito servizo nun prazo curto de tempo.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A alcaldesa matizou que este servizo, máis que necesario e demandado por milleiros de veciños e veciñas de Teo, conleva moitas máis vantaxes que as desvantaxes que o Concello de Santiago plasmou no seu informe.

Etiquetas

bus lanzadeiraradio lider santiagoteoxunta
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

Calvo de la Uz enxalza o «traballo e singularidade» que aportan os novos Fillos Adoptivos de Teo
Comarca

Calvo de la Uz enxalza o «traballo e singularidade» que aportan os novos Fillos Adoptivos de Teo

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol
Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol