ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Comunicado do goberno de Dodro ante as «falsas acusacións» de Unidade Veciñal de Dodro

Antes as falsas informacións, difundidas polo grupo político Unidade Veciñal de Dodro, o goberno municipal defende a limpeza en tódolos procesos de concesión de licenzas.

Líder Redacción

Líder Redacción

14 de noviembre de 2025 a las 15:19

Compartir

Dodro, 14/11/2025 – Ante as acusacións, por parte do grupo político Unidade Veciñal de Dodro, de favoritismo na concesión de licenzas o concello de Dodro quere aclarar os seguintes puntos.

A empresa Matadero del Sar, S.L. ten solicitado nos últimos meses distintos permisos de obra con distintas finalidades. Todas as licencias seguiron as canles e os procedementos habituais e a empresa pagou os impostos e taxas correspondentes. Algunha destas solicitudes está aínda sen resolver.

Matadero del Sar S.L. foi acredor dunha subvención de 1.100.000,00 € da Xunta De Galicia, segundo consta no Diario Oficial de Galicia de data 14 de agosto de 2023. Esta mesma publicación recolle que a axuda concedida ten como finalidade “incentivar os investimentos para a transformación e comercialización de produtos agrarios”. Estes investimentos non teñen que ser, como pretende dar a entender UVD, unha única obra e poden incluír a compra de maquinaria, mobiliario ou outro tipo de bens non suxeitos a canons municipais. E convinte ler adecuadamente as resolucións de axudas e entendelas.

A propia natureza da axuda obriga a unha transparencia absoluta, unha contabilidade específica que reflicta unicamente o uso dos fondos e a presentación de toda a documentación precisa. Se parte dos fondos son destinados a unha obra, a empresa terá que presentar a licenza correspondente ou a solicitude da mesma.

Dende o goberno de Dodro queremos destacar que o investimento total da empresa Matadero del Sar SL en Dodro pretende alcanzar os 3.728.407,83 € polo que é de destacar que a parte privada é moi superior á pública.

Emprazamos á Unidade Veciñal de Dodro a que non siga o camiño doutros grupos e se informe antes de publicar bulos que prexudican, máis ca ao grupo político que goberna, ao concello e a imaxe de rigor que calquera institución pública debe ter.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Tódalas empresas, tódolos grupos políticos e tódolos procesos poden ser criticados desde a sociedade e desde os seus representantes no concello. Esa crítica ten que ser feita coa verdade por diante, o populismo na política non ten cabida.

Etiquetas

Comunicadododropolitica
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo
Comarca

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo