ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDeportes

Compostela acollerá o Campionato de España Cadete Feminino do 19 ao 25 de maio

 

Líder Redacción

Líder Redacción

12 de abril de 2024 a las 15:34

Compartir

 

 

12/04/2024 Máis de 600 deportistas pertencentes a 32 equipos participarán no Campionato de España Cadete Feminino, un fito deportivo e social organizado pola Federación Galega de Baloncesto e o Concello de Santiago que terá lugar do 19 e 25 de maio en varios espazos da cidade.

A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, acompañada de Julio Bernárdez, presidente da Federación Galega Baloncesto, Miguel Martínez, seleccionador español Absoluto Feminino e de Iris Díaz, árbitra do Grupo 3 FEB, presentou esta mañá no Pazo de Raxoi o Campionato de España de Baloncesto na categoría Cadete Feminino que se celebrará en Santiago entre o 19 e o 25 de maio. Durante estes sete días, disputaranse un total de 66 partidos que terán lugar nos pavillóns municipais do Restollal, Fontiñas e de Santa Isabel.

Pilar Lueiro agradeceu a confianza da Federación Galega de Baloncesto e salientou a trascendencia destas competicións para o concello, «non só pola repercusión económica senón sobre todo porque inciden nun aspecto fundamental como é o impulso do deporte base sendo un escaparate para as máis e os máis pequenos transmitindo os valores do esforzo, respecto e superación».

A edila animou a toda a veciñanza de Compostela, especialmente ás rapazas, a seguir esta competición xa que será «unha auténtica celebración do deporte e de todos os seus aspectos positivos, convertendo Santiago no escenario perfecto para dar a visibilidade que merece o deporte e especialmente o femenino», o que contribúe a «superar a fenda de xénero e avanzar en políticas de igualdade tamén a través do deporte».

Talento feminino

Esta cita que porá o total protagonismo no potencial, valores e talento deportivo que atesouran as xogadoras novas do baloncesto nacional, converterá a Compostela en punto de encontro para un total de 32 equipos, máis de 600 deportistas, 30 árbitros, 70 oficiais de mesa e un número aproximado de 2.000 afeccionados.

Entre os 32 equipos haberá tres galegos, dos que aínda non se coñecerá a súa identidade ata 28 de abril. Serán o campión, subcampión e terceiro clasificado da Liga Galega Cadete Feminina auspiciada pola Federación Galega de Baloncesto e que remata nesa data.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Disputaranse un total de 66 partidos durante os 7 días de competición que abranguen do 19 de maio ao 25 de maio e que terán no Pavillón do Restollal, o Pavillón de Fontiñas e o Pavillón de Santa Isabel, acollendo este último a Fase Final do campionato.

Etiquetas

composteladeportesradio lider santiagosantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

Boiro acolle esta fin de semana o Campionato Galego Escolar de Taekwondo
Deportes

Boiro acolle esta fin de semana o Campionato Galego Escolar de Taekwondo

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol
Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol