ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacadoPolítica

Compostela Aberta esixe responsabilidade á Xunta polo desastre dos pellets

 

Líder Redacción

Líder Redacción

8 de enero de 2024 a las 12:29

Una voluntaria recogiendo pellets en una playa gallega | Cecida

Compartir

 

 

Nas últimas semanas está a chegar ás praias, novamente, unha contaminación procedente da impunidade das compañías marítimas que transitan fronte ás nosas costas. Desta vez trátase dun cargamento de pellets, unhas boliñas de resina plástica de pequeno tamaño, transportadas por un barco de bandeira liberiana, fretado por unha compañía da India e que viaxaba camiño dos Países Baixos. O 8 de novembro caían os seis contedores de pellets ao mar e, a pesar de ter comunicados do Concello de Ribeira xa no 14 de novembro ou de Salvamento Marítimo o día 20 de novembro, a Xunta de Galicia non se deu por enterada ata o 14 de decembro, cun mes de demora.

Case todo o litoral galego está a ser afectado por esta marea de pellets, aínda que entre as zonas máis afectadas están precisamente as rías e praias máis achegadas a Santiago, como son as da Ría de Muros e Noia, ou da Arousa Norte no Barbanza. Diante da inacción da Xunta, que é a administración directamente responsable, estánse a formar grupos de voluntariado con centos de participantes espallados por toda a xeografía galega para, máis unha vez, defender a nosa costa.

Desde Compostela Aberta queremos denunciar a incompetencia da administración da Xunta de Galicia, que esperou un mes para declarar o Plan Camgal, e cando o declarou foi no seu nivel mais baixo, e que non está ofrecendo soporte e axuda aos concellos afectados. Nunha liña diametralmente oposta á do goberno galego, queremos parabenizar á sociedade civil que está a organizarse para a recollida desta vertedura, así como a todo o tecido social ecoloxista e de defensa das rías que leva facendo acompañamento desta catástrofe desde o primeiro momento.

Sendo así, exiximos da Xunta de Galicia que actúe con contundencia e celeridade para que esta catástrofe e a dispersión destes microplásticos polo noso litoral non vaia a máis. Ao mesmo tempo, ofrecemos a nosa solidariedade e axuda tanto a todos os municipios afectados como a todo o voluntariado que está a mobilizarse nas últimas horas. Animamos tamén a colaborar nas tarefas de limpeza, mais sempre de xeito responsable e seguindo as indicacións das asociacións ou colectivos con experiencia neste tipo de tarefas.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

É por isto que suxerimos contactar antes ou cos concellos afectados ou, no seu defecto, coas asociacións locais que están a organizar os grupos como: Noia Limpa, Plademar (Plataforma para a defensa do mar de Muros e Noia), Sachos á Rúa en Ribeira, a Plataforma de Defensa da Ría de Arousa, Greenpeace Galiza, Adega, Verdegaia ou da Federación Ecoloxista Galega. Ou mesmo a través da comunidade de whatssapp de Limpeza de Praias, que ten xa varios grupos e onde se está a dar conta e informando de actividades de limpeza, lugares e horas onde se están realizando as intervencións de limpeza: https://chat.whatsapp.com/Cs3ydyLLgGA4YWiQDDv0kM

Etiquetas

compostela abertaCrisepellets
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

BNG-CA e PP chocan polos Orzamentos; o PSOE agarda pola “letra pequena”
Actualidad

BNG-CA e PP chocan polos Orzamentos; o PSOE agarda pola “letra pequena”

O debate político en Santiago crece pola parálise no pago de facturas e incluso polo 25N
Destacado

O debate político en Santiago crece pola parálise no pago de facturas e incluso polo 25N

Aumento de impostos en Santiago e novo «taxazo» do lixo
Destacado

Aumento de impostos en Santiago e novo «taxazo» do lixo

O Goberno compostelán defende a súa «imparcialidade» no proceso de expulsión dos edís socialistas
Actualidad

O Goberno compostelán defende a súa «imparcialidade» no proceso de expulsión dos edís socialistas