ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarca

Comeza a repoboación da Carballeira de Santa Minia coa plantación de oito novos exemplares

 

Líder Redacción

Líder Redacción

28 de marzo de 2024 a las 20:51

Compartir

 

 

Procedentes dun viveiro de Abadín, as novas árbores teñen uns tres metros de altura e están perfectamente equilibrados entre copa e raíz, para facilitar o seu crecemento

27 de marzo de 2024.- A Carballeira de Santa Minia recibiu esta mañá a chegada de novos inquilinos: oito exemplares de carballo procedentes dun viveiro de Abadín que ocupan xa zona sur do predio, unha vez que esta zona quedou libre da praga de Armillaria mellea, fungo sen cura e mortal para esta especie que obrigou á retirada dunha ducia de árbores. Para iso, o Concello de Brión procedeu á retirada das árbores enfermas o pasado luns 11 de marzo e de toda a terra da zona, tamén contaminada por Armillaria.

Durante a semana pasada procedeuse a reposición con terra nova e ás 8:00 horas de hoxe iniciouse a plantación dos oito novos carballos. O alcalde de Brión, Pablo Lago, quen está seguindo puntualmente os traballos de repoboación da Carballeira de Santa Minia, explica que “de acordo coas recomendacións dos técnicos escollemos oito exemplares de pouco máis de tres metros de altura e que están perfectamente equilibrados entre copa e raíz, xa que así se facilitará o seu crecemento”.

De feito, onte mesmo procedeuse a aplicárselles un tratamento fúngico preventivo a todos eles, que foi reforzado hoxe durante a súa plantación. “Ademais, dispuxéronse dun xeito que poidan medrar e facer copas amplas de forma rápida ao non ter outros exemplares disputando o mesmo espazo”, comenta o alcalde brionés.

Unha vez plantados os novos exemplares, os técnicos comprobarán a súa correcta adaptación á carballeira brionesa. Será entón cando se proceda a analizar o resto de árbores da carballeira para coñecer o seu estado fitosanitario e determinar os seguintes pasos a seguir. E é que se o sumidoiro que atravesa a carballeira puido ser no seu día un problema para este enclave natural, neste momentos permite que as distintas áreas da carballeira poidan ser traballadas individualmente.

Os traballos de repoboación parcial da Carballeira de Santa Minia están sendo realizados por técnicos especialistas e foron autorizados o pasado mes de febreiro pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Etiquetas

brioncarballeiraradio lider santiagosanta minia
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre ofrece cursos de piragüismo para maiores de 8 anos
Deportes

O Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre ofrece cursos de piragüismo para maiores de 8 anos

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol
Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol