ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Arte y Cultura

Cineuropa presenta o palmarés da súa 37ª edición

Líder Redacción

Líder Redacción

27 de noviembre de 2023 a las 13:42

Compartir
  • O filme ‘Enigma de lume’ (Riddle of fire), de Weston Razooli, faise co premio do Xurado Oficial á mellor película e Phạm Thiên Ân é distinguido como mellor director por ‘Inside the Yellow Cocoon Shell’ (Bên trong vỏ kén vàng)
  • Xurado Novo concedeu a ‘O mal non existe’ (Aku wa sonzai shinai) de Ryusuke Hamaguchi o premio á mellor película e outorgou a Justine Triet o galardón á mellor dirección por ‘Anatomía dunha caída’ (Anatomie d’une chute)

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2023.- A trixésimo sétima edición do Festival Internacional de Cinema ‘Cineuropa’ baixou o pano este sábado nunha cerimonia de clausura na que se deron a coñecer os ditames do Xurado Oficial e o Xurado Novo do certame sobre os mellores traballos proxectados nas seccións competitivas así como o premio do público ao mellor filme.

O acto, que se desenvolveu no Teatro Principal coas intervencións da concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, do director do festival José Luis Losa e das persoas integrantes de ambos os xurados, puxo fin a 17 días de cinema nos que se proxectaron 115 filmes en preto de 200 sesións que permitiron ao público de Compostela gozar das películas máis premiadas no panorama cinematográfico internacional, das creacións máis recentes da cinematografía galega e das olladas de novas e novos cineastas nesta e noutras latitudes para alén de pór o foco na pegada fílmica de diferentes acontecementos e personaxes históricos como a ditadura pinochetista, a chegada da democracia á arxentina ou a figura de Jorge Semprún.

Palmarés do Xurado Oficial

A programadora franco-uruguaia Valentina Otormin Dall’Oglio, o crítico e escritor catalán Carlos Losilla e o director e guionista hispano-uruguaio Álvaro Brechner conformaron o xurado internacional encargado de seleccionar os mellores traballos concorrentes á sección competitiva Novas/os Cineastas. O filme Enigma de Lume (Riddle of fire), primeira  longametraxe do estadounidense Weston Razooli, foi distinguido co premio á mellor película, mentres que Inside the Yellow  Cocoon Shell (Bên trong vỏ kén vàng) lle valeu ao cineasta vietnamita Phạm Thiên Ân o recoñecemento como mellor director. No seu ditame, o xurado premiou ademais a grega Sofía Exarchou polo guión de Animal (película da que tamén é directora) e  as interpretacións do actor alemán Jan Bülow, en A teoría universal (Die Theorie von Allem, de Timm Kröger), e da actriz británica Mia McKenna-Bruce no filme Como ter sexo (How to have sex, de Molly Manning Walker). Houbo ademais unha  mención especial para o filme Baan, da directora portuguesa Leonor Teles, pola “súa exploración de novas formas”.

Palmarés do Xurado Novo

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Pola súa banda, o Xurado Novo da 37ª edición de Cineuropa, composto por Carlota Álvarez, Mike Cruz, Mateo Fernández, Lucía Ortigueira e André Parra, distinguiu O mal non existe (Aku wa sonzai shinai) de Ryusuke Hamaguchi como mellor película e a Justine Triet como mellor directora por Anatomía dunha caída (Anatomie d’une chute), mentres que o galardón ao mellor guión foi para Aki Kaurismäki por Follas de outono (Kuolleet Lehdet). Os premios ás mellores interpretacións recaeron na actriz portuguesa Anabela Moreira polo seu traballo en Mal Viver (dirixida por João Canijo) e no actor senegalés Seydou Sarr, protagonista de Eu, capitán (Io, capitano, de Matteo Garrone). O Xurado Novo dedicou tamén unha mención especial a Non agardes moito da fin do mundo (Nu aștepta prea mult de la sfârșitul lumii), do romanés Radu Jude pola “súa experimentación visual e narrativa, pola súa crítica social baseada no humor cínico e por expor realidades a través dunha gran variedade de técnicas e formatos”.

Etiquetas

cineuropasantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago
Actualidad

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago

Denuncian que a ‘desorganización’ no CHUS retrasa probas esenciais a unha paciente oncolóxica
Actualidad

Denuncian que a ‘desorganización’ no CHUS retrasa probas esenciais a unha paciente oncolóxica

Santiago acolle este domingo unha mobilización nacional pola visibilidade trans
Actualidad

Santiago acolle este domingo unha mobilización nacional pola visibilidade trans

Una conductora resulta herida tras una colisión en la AC-543 a la entrada de Santiago
Sucesos

Una conductora resulta herida tras una colisión en la AC-543 a la entrada de Santiago