ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

Charlas sobre a velutina nos Centros Socioculturais do rural de Santiago

30/04/2024 A Concellaría de Centros Socioculturais pón en marcha un programa de charlas informativas sobre a avespa velutina, para achegarlle a veciñanza as claves para entender e xestionar a presenza desta especie invasora. Haberá sete encontros noutros tantos centros socioculturais do rural, o primeiro deles o próximo sábado, 4 de maio, no CSC da Grixoa.

Líder Redacción

Líder Redacción

30 de abril de 2024 a las 13:51

Compartir

As charlas informativas correrán a cargo de Xesús Feás, doutor en Ciencias Veterinarias, membro da Academia Galega de Ciencias Veterinarias, e experto en velutina. O obxectivo da actividade é dar as claves para identificar as avespas velutinas e para xestionar a súa presenza, nun encontro no que se pretende a participación activa das persoas asistentes e que terá unha duración de entre unha e dúas horas.

Charlas en sete centros socioculturais do rural

A actividade vaise desenvolver en sete centros socioculturais do rural, mais a cada unha das charlas estará convocada a veciñanza de varias parroquias para conseguir unha maior cobertura territorial. Así, o sábado 4 de maio, a partir das 16 horas, haberá un encontro no centro sociocultural da Grixoa, dirixido tamén aos veciños e veciñas da Gracia.

O martes 7 de maio, a partir das 19.00 horas, haberá unha charla en Enfesta, pensada tamén para a veciñanza de Lavacolla e Bando; o martes 14 a cita será na Peregrina a partir das 19.00 horas, e están convocados os veciños e veciñas de Santa Cristina de Fecha e Lamascal; e o xoves 16, o encontro será ás 19.30 en Verdía, coa veciñanza desta parroquia e de Busto, Marantes e Nemenzo.

O martes 28 de maio as charlas chegarán ao centro sociocultural de Marrozos, dirixidas tamén á veciñanza de O Eixo e Aríns, a partir das 19.00 horas; e en Laraño haberá un econtro, tamén coa xente de Figueiras e Villestro, o xoves 30 ás 19.00 horas. A última charla será no CSC de Cesar, tamén para a Barciela e Carballal, o venres 31 de maio, ás 19.00 horas. A asistencia é libre e de balde.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A presenza de avespa velutina viuse incrementando nos últimos anos. O ano pasado, esta especie invasora motivou un total de 2.123 intervencións dos bombeiros de Santiago.

Etiquetas

charlascompostelaradio lider santiagosantiagovelutina
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol
Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha
Actualidad

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha