ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Destacado

Castiñeiro galego tradicional: un tesouro xenético que hai que protexer

Santiago de Compostela-Lugo, 15 de novembro de 2023.- A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación de Lugo, coa colaboración do Campus Terra da Universidade de Santiago (USC), teñen en marcha as “XXXIV Xornadas Luis Asorey”. Esta edición titúlase “Os soutos de castiñeiros: ecosistemas multifuncionais”, a través dunha serie de conferencias gratuítas que se están a desenvolver no salón de actos da Deputación de Lugo (rúa San Marcos, 8), en horario de 19:00 a 21:00 horas. Tamén poden seguirse a través da canle de Youtube da RAGC. As xornadas están recoñecidas pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades como actividade de formación do profesorado non universitario.

Líder Redacción

Líder Redacción

15 de noviembre de 2023 a las 11:12

Compartir

A conferencia de mañá xoves tratará sobre a conservación de recursos xenéticos do castiñeiro, en particular clons híbridos, cultivares tradicionais e árbores monumentais. Impartiraa Juan Luis Fernández Lorenzo, biólogo, profesor titular do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo (Universidade de Santiago), responsable do seu Laboratorio de Micropropagación de Plantas.

O experto porá de relevo a importancia da conservación dos recursos xenéticos do castiñeiro en Galicia, facendo especial fincapé nas estratexias actuais de conservación de diferentes tipos de materiais. Falará sobre os cultivares galegos tradicionais, seleccionados ao longo dos séculos pola calidade da súa castaña, e preservados a través dos enxertos ata a actualidade. Tamén incidirá nos clons híbridos obtidos por cruzamento entre o castiñeiro europeo e os castiñeiros asiáticos, seleccionados pola súa resistencia a determinadas enfermidades, sobre todo á ‘tinta’ do castiñeiro, e que poden plantarse directamente para a produción de madeira e/ou froito ou ben servir de portaenxertos para os cultivares de castiñeiro europeo, sensibles a esta doenza.

O valor dos castiñeiros monumentais galegos

O biólogo explicará así mesmo a relevancia de preservar o valor xenético dos castiñeiros monumentais que existen na nosa comunidade e que están incluídos no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras. “A necesidade da súa conservación ten ido gañando importancia nos últimos anos, non só polo seu valor xenético, senón tamén pola súa significación cultural” -indica Fernández-. O investigador salienta que, no caso das árbores monumentais, “a elevada idade destes exemplares representa un desafío importante á hora de contemplar a súa conservación ex situ -fóra do seu ambiente natural-, que na actualidade pode abordarse grazas a técnicas biotecnolóxicas baseadas no cultivo in vitro, que tamén son de grande utilidade na conservación de clons híbridos resistentes á ‘tinta’ e de cultivares tradicionais”.

José Luis Fernández é autor de comunicacións e artigos internacionais  relacionados principalmente coa propagación vexetativa de especies leñosas, en particular mediante cultivo in vitro, tendo desenvolto protocolos de propagación in vitro para algúns cultivares galegos tradicionais e protocolos de microenxerto in vitro de cultivares de castiñeiro europeo sobre híbridos resistentes á enfermidade da tinta. Participa en proxectos relacionados coa conservación de recursos xenéticos de cultivares tradicionais e árbores monumentais de castiñeiro e doutras especies.

 

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Etiquetas

castiñeirosgalicia
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026
Actualidad

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026

Recantos sae dos estudios de televisión e percorre Galicia para atopar os artistas do futuro
Destacado

Recantos sae dos estudios de televisión e percorre Galicia para atopar os artistas do futuro

Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala
Destacado

Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala

Acougo busca familias para un proxecto pioneiro de acollemento familiar en Galicia
Actualidad

Acougo busca familias para un proxecto pioneiro de acollemento familiar en Galicia