ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

Castelao será homenaxeado na futura estación Intermodal de Santiago

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, presentou hoxe en rolda de prensa, xunto ao deseñador Pepe Barro, a proposta de identidade gráfica arredor da figura de Castelao, para a nova denominación da Estación Intermodal de Santiago de Compostela en homenaxe ao polifacético artista e político galego.

Líder Redacción

Líder Redacción

17 de diciembre de 2024 a las 19:22

Compartir

Goretti Sanmartín recordou que esta proposta xa foi debatida e aprobada por unanimidade no Pleno municipal de xaneiro do 2019, “o que dá conta da importancia de Castelao para o conxunto do país e para Santiago de Compostela en particular, como capital de Galiza”. Para a alcaldesa, o obxectivo é celebrar e dar a coñecer ás persoas visitantes o seu legado como artista, debuxante, escritor, defensor da nosa lingua e dos nosos dereitos políticos, e primeiro presidente do Consello de Galiza, así como un “referente a nivel internacional do que significa o pobo galego”, do mesmo xeito que acontece coa figura de Rosalía de Castro, coa que se renomeu o aeroporto da cidade no ano 2020.

A rexedora explicou que alén desta “denominación Castelao” que xa lle fora transmitida tanto ao Estado como a ADIF no momento do acordo plenario, “nós queremos que non sexa só unha denominación, senón que vaia acompañada dunha proposta de identidade gráfica singular que inclúa unha serie de motivos e elementos no espazo da estación intermodal”. A intención do Goberno municipal é que o Estado se faga cargo desta proposta “que non só vai avalada polo conxunto das forzas que conforman a Corporación, senón tamén pola idoneidade do momento, xa que coincide en tempo co Ano Castelao que estamos a piques de comezar”.

Ao respecto do creador da proposta e Premio da Cultura Galega 2024, Pepe Barro, a alcaldesa subliñou o seu sobresaínte currículo e a súa traxectoria “de décadas” como referente do deseño contemporáneo, e puxo en valor os seus proxectos precedentes e o seu dominio coa “simboloxía e con aqueles elementos graficos que nos caracterizan como pobo e como país”.

Proposta gráfica

O proxecto presentado polo deseñador Pepe Barro está composto por varias liñas gráficas: un logotipo con tipografía de fasquía art-decó, que conecta coa época de esplendor de Castelao, e que remite á letra Galega, deseñada polo propio artista; un rótulo coa palabra CASTELAO, que estaría situado en varias localizacións a modo de ‘landmarck; as siluetas retalladas da autocaricatura de Castelao e doutros personaxes dos seus debuxos con cartelas explicativas en varios puntos da estación, así como un pequeno centro de interpretación na que se abordaría a figura de Castelao desde catro perspectivas: humorista, escritor, a súa vida e a súa actividade política.

Pepe Barro

Pepe Barro (Pontedeume, 1955) é un deseñador con máis de cincuenta anos de profesión, unha práctica que se pode entender como unha lectura de Galicia que renova os seus sinais de identidade coa linguaxe do deseño contemporáneo. Tanto no exercicio libre da profesión, como asociado no Grupo Revisión Deseño ou desde Barro Deseño, a súa actividade desenvólvese desde 1973.

O primeiro Cuponazo da ONCE (1987), a Selección Galega de Fútbol 2005, a caixa de ovos do Pazo de Vilane ou os albariños Terra de Asorei son algúns dos seus deseños de produto. As identidades gráficas da Conferencia de Ministros de Pesca (1984), a Universidade da Coruña, Edicións Xerais, Denodo ou a Asociación Galega de Editoras son tamén da súa autoría. Deseñou as exposicións Galiza, a forza da palabra, centenario da Real Academia Galega; Saúde e Terra, irmá(n)s, centenario da Irmandades da Fala, ou Con-Fio en Galicia.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Como comisario e deseñador estivo ao coidado dal Casa de Rosalía de Castro, o Museo Cabanillas, as exposicións Deber de Baltar ou Somos auga (2024), sobre a candidatura da Ribeira Sacra á Listaxe do Patrimonio Mundial. No deseño editorial débense mencionar A Nosa Terra (1977-1979), Diario de Galicia (1987) ou Nós diario (2020). De par da profesión, manten unha actividade regular como divulgador de temas históricos do deseño galego, publicando en Xerais o libro Máis. que ver. Cen historias do deseño en Galiza (2018). Recibiu entre outros, o Premio da Crítica Galega en 1983, o Premio de Honra do Cluster da Comunicación Gráfica de Galiza 2017 e o Premio da Cultura Galega 2024. É membro da Asociación Galega de Deseño (DAG).

Etiquetas

castelaocompostelaestacionintermodalsantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago
Actualidad

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago

A solución ás gárgolas do Hostal: «Poderían quedar como quimeras e buscar unha canalización interna»
Destacado

A solución ás gárgolas do Hostal: «Poderían quedar como quimeras e buscar unha canalización interna»

Denuncian que a ‘desorganización’ no CHUS retrasa probas esenciais a unha paciente oncolóxica
Actualidad

Denuncian que a ‘desorganización’ no CHUS retrasa probas esenciais a unha paciente oncolóxica

Santiago acolle este domingo unha mobilización nacional pola visibilidade trans
Actualidad

Santiago acolle este domingo unha mobilización nacional pola visibilidade trans