ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadArte y CulturaDestacadoSociedad

Capitol estrea nova imaxe con motivo do seu 90º aniversario

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2025 – A histórica sala Capitol celebrou hoxe o seu 90º aniversario cunha presentación especial que destacou a súa relevancia como espazo cultural en Santiago e revelou a nova imaxe gráfica conmemorativa, creada pola ilustradora galega Rebeca Losada. O evento contou coa presenza de diversas personalidades do mundo da cultura e a política, quen compartiron lembranzas e desexos para o futuro da emblemática sala.

Líder Redacción

Líder Redacción

19 de marzo de 2025 a las 19:06

Compartir

Unha historia que forma parte da cidade

«Capitol é un espazo que forma parte da memoria de moitas xeracións», expresou Santi, un dos responsables da sala, durante o acto. «Se vos digo Capitol, todos tedes unha película, un concerto ou unha noite de disco na mente». A sala, inaugurada en 1935 como cine, proxectou a súa primeira película, Casta Diva, e desde entón formou parte do panorama cultural compostelán, evolucionando de cinema a sala de concertos e eventos.

A concelleira de Festas, Pilar Lueiro tamén compartiu as súas lembranzas: «A miña primeira experiencia aquí foi con nove anos vendo Karate Kid. A emoción de ver unha película na gran pantalla era indescritible. Despois, co paso dos anos, volvín para concertos, teatro e momentos inesquecibles».

O evento tamén contou coa participación de Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), quen resaltaron a importancia de Capitol como referente cultural, coa presenza de Valentín García, secretario xeral da Lingua da Xunta de Galicia.

Un cartel que une cine e música

Un dos momentos máis esperados do evento foi a presentación do cartel conmemorativo do 90º aniversario, obra de Rebeca Losada. A ilustradora, emocionada por participar neste proxecto, destacou o reto de plasmar a esencia da sala: «Cando me chegou a proposta, dixen que si de inmediato. Todos os composteláns teñen unha película na cabeza cando se fala de Capitol. A idea foi crear unha pandilla de personaxes icónicos do cine, cun espírito aventureiro ao estilo dos Goonies, mesturando ese pasado cinematográfico co presente musical da sala».

O deseño, que combina referencias a filmes clásicos coa icónica fachada do Capitol, busca espertar a nostalxia do público e celebrar a longa traxectoria do espazo. «Foi un traballo divertido, pero tamén houbo debate sobre que personaxes incluir. Todos tiñamos os nosos favoritos!», confesou Santi entre risas.

O evento pechouse cun brinde polo futuro da sala. «Celebramos os primeiros 90 anos e esperamos que veñan moitos máis. A nosa misión é manter Capitol como un faro cultural de Santiago», afirmou Santi.

Pilar Lueiro sumouse a este desexo: «Brindemos pola Capitol, pola súa historia e pola súa contribución á nosa cultura. Que os próximos 90 anos sexan tan emocionantes como os que celebramos hoxe».

A celebración do aniversario continuará con diversos eventos ao longo do ano, reafirmando o compromiso de Capitol coa escena cultural galega. Como di a canción de De Ninghures, «Miña nai xa mo dicía, todo o día, rodea de melodías e boa xente a túa vida». Longa vida a Capitol!

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Etiquetas

90º Aniversariocapitolcompostelacultura
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

A parroquia arzuá de Rendal acolle este venres o espectáculo de Avelino González
Comarca

A parroquia arzuá de Rendal acolle este venres o espectáculo de Avelino González

A solución ás gárgolas do Hostal: «Poderían quedar como quimeras e buscar unha canalización interna»
Destacado

A solución ás gárgolas do Hostal: «Poderían quedar como quimeras e buscar unha canalización interna»

De DJ privado de Loquillo y Clangor al mítico Pub La Radio: Javi Rial, el disc jockey fiel al vinilo
Destacado

De DJ privado de Loquillo y Clangor al mítico Pub La Radio: Javi Rial, el disc jockey fiel al vinilo

López Campos reivindica o “momento cultural extraordinario» e reprocha que Santiago «non aproveita o seu potencial”
Destacado

López Campos reivindica o “momento cultural extraordinario» e reprocha que Santiago «non aproveita o seu potencial”