ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Calvo de la Uz solicita a Adif modificar as pantallas acústicas en Francos e Osebe

Líder Redacción

Líder Redacción

5 de febrero de 2025 a las 17:37

Compartir
  • O Consistorio recibiu diversas queixas veciñais respecto ao tamaño e a disposición dos elementos de protección, así pola colocación de pantallas opacas que reducen a amplitude visual das vivendas

Teo (A Coruña), 05 de febreiro de 2025.- A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz, vén de manter unha xuntanza con técnicos da entidade pública do Adif para solicitarlles unha revisión do proxecto de instalación de pantallas acústicas nos lugares de Francos e Osebe. Nesta xuntanza, a rexedora conseguiu o compromiso dos responsables de obra de revisar a dita afectación ás vivendas e estudar a posibilidade de cambiar os materias das pantallas.

Neste senso, cabe sinalar que o Consistorio recibiu diversas queixas veciñais respecto ao tamaño e á disposición dos elementos de protección contra a contaminación acústica no tramo do eixo atlántico de alta velocidade que discorre polo termo municipal de Teo. Concretamente, á altura das vivendas situadas no lugar de Francos nos números 115 y 117, así como no lugar de Osebe 145.

A propia alcaldesa trasladouse á zona para coñecer de primeira man estas queixas e peticións dos veciños e ese mesmo mes, no Pleno de xaneiro, o Goberno teense aprobaba unha moción de urxencia do Partido Popular para instar ao Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible a revisar os cálculos de illamento e propagación acústica para intentar buscar outra solución que, cumprindo os condicionamentos legais en materia de ruído e contaminación acústica, supoña unha menor afección aos veciños do Concello.

Nesa moción tamén se pedía que, de persistir nas actuais condicións, que esas pantallas sexan translúcidas, para así permitir que a luz solar poida pasar igualmente e sexa menor o impacto visual negativo de cara ás vivendas afectadas.

Pantallas opacas

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

As pantallas previstas neste proxecto son opacas e dunha altura de máis de 3 metros no caso do lugar de Francos e de 5 metros de altura no lugar de Osebe, altura que sobrepasa en máis de dous metros a actual existente. A súa colocación coas características previstas no proxecto suporían para as citadas vivendas unha importante perda da calidade na súa iluminación e, mesmo, na súa amplitude visual e, polo tanto, do benestar xeral.

Etiquetas

adifteo
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Calvo de la Uz enxalza o «traballo e singularidade» que aportan os novos Fillos Adoptivos de Teo
Comarca

Calvo de la Uz enxalza o «traballo e singularidade» que aportan os novos Fillos Adoptivos de Teo

Teo apoia a celebración da I Feira de Empresas para promocionar os negocios locais
Comarca

Teo apoia a celebración da I Feira de Empresas para promocionar os negocios locais

Hugo Vázquez, Ramón Villares e Ignacio Balboa, fillos adoptivos do municipio de Teo
Comarca

Hugo Vázquez, Ramón Villares e Ignacio Balboa, fillos adoptivos do municipio de Teo

STOP Planta de Residuos de Cacheiras reúnese coa Subdirección Xeral e alerta dos impactos do proxecto
Comarca

STOP Planta de Residuos de Cacheiras reúnese coa Subdirección Xeral e alerta dos impactos do proxecto