ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaDestacado

Brión rechaza la central hidráulica en el Tambre

20 de decembro de 2023.- O Pleno Ordinario de Brión aprobou este mediodía unha declaración institucional contra a construción da central hidráulica reversible do Tambre e en favor da loita veciñal e social contra este proxecto que tramita Augas de Galicia. Unha declaración pola que pretende “expresar unha vez máis, e de forma clara e contundente, o total rexeitamento por parte de todos os grupos políticos desta corporación á construción da balsa na Cornanda segundo os proxectos actuais”, como recolle a declaración á que deu lectura o secretario municipal do Concello brionés.

Líder Redacción

Líder Redacción

20 de diciembre de 2023 a las 20:18

Compartir

Outros acordos tomados nesta declaracións institucional inclúen a reactivación da comisión de seguimento creada polo Concello de Brión e na que están representados tanto os grupos políticos municipais como a veciñanza de Cornanda; e apoiar o traballo dos veciños e veciñas, tanto a través da plataforma “Non á balsa da Cornanda” como calquera outra entidade que estea disposta a colaborar para evitar a construción desta balsa.

Finalmente, o Pleno acordou tamén que se o pronunciamento oficial por parte de Augas de Galicia, que aínda se descoñece, fose contrario a estes intereses, o Concello axudaría a completar as alegacións que puideran ter relevancia coa achega de informes en colaboración con outras Administracións. Unha declaración institucional acordada polos tres grupos municipais antes do inicio do Pleno sobre unha base presentada polo BNG e enmendada polo PSOE e o PP, que foi lida diante de representantes da plataforma “Non á balsa da Cornanda”.

No resto da sesión, o Pleno aprobou, cos votos a favor do Grupo de Goberno e as abstencións de PP e BNG, aceptar as alegacións de Viaqua á estrutura de custes do servizo de abastecemento de auga potable, que será sometido de novo a información pública.

Etiquetas

brioncentral hidraulica
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre ofrece cursos de piragüismo para maiores de 8 anos
Deportes

O Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre ofrece cursos de piragüismo para maiores de 8 anos

A Romaría de Santa Minia, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia
Comarca

A Romaría de Santa Minia, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia

Doloroso minuto de silencio en Brión
Comarca

Doloroso minuto de silencio en Brión

Traxedia en Brión: falece unha nena de dous anos esquecida no coche
Destacado

Traxedia en Brión: falece unha nena de dous anos esquecida no coche