ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Brión mellora os accesos á aldea da Torre cun novo aparcamento para turistas

Líder Redacción

Líder Redacción

23 de abril de 2025 a las 15:48

Compartir
  • A actuación conta cun orzamento de máis de 20.000 euros

23 de abril de 2025.- O Concello de Brión está a acometer unhas obras de mellora da aldea da Torre, que inclúen a reparación e asfaltado dos distintos viarios que cruzan a localidade así como a construción dunha cuneta de seguridade de 115 metros de longo, que servirá tamén para habilitar un espazo de aparcamento para os turistas que se achegan ás Torres de Altamira. Unha actuación financiada polo Concello de Brión, que inviste nela máis de 21.000 euros.

O alcalde de Brión, Pablo Lago, e o concelleiro de Obras, José Antonio Vidal, visitaron a zona para comprobaren o avance dos traballos. “Nestes momentos xa temos executada a primeira fase, que consistiu na construción dunha cuneta de seguridade de 115 metros de longo que inclúe unha canalización para a recollida de augas pluviais”, explica José Antonio Vidal, quen sinala que “despois procederemos a bachear os distintos viarios que cruzan a aldea e mellorar a súa capa de rodaxe con tratamento asfáltico superficial e rego de selado”. Unha actuación que terá lugar sobre unha superficie de 1.560 metros cadrados.

A maiores contémplase a mellora do viario principal que acceso á aldea da Torre, cunha actuación de mellora divida en dous tramos: un de 115 metros, no que xa se construíu a cuneta de seguridade, e outro de 135 metros de longo. “Neste caso, ademais de bachear e asfaltar, imos tamén ampliar as marxes ata conseguir un ancho mínimo de 4 metros para así mellorar a seguridade dos veciños e veciñas da Torre”, sinala o concelleiro de Obras.

Aparcamento provisional para as Torres de Altamira

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Pola súa banda, Pablo Lago puxo en valor que “nestes momentos temos en marcha máis dunha ducia de obras por todo o municipio, coas que tratamos de chegar ao maior número de aldeas posible”. No caso concreto da Torre, apunta que “ademais de mellorar a seguridade e comodidade dos veciños e veciñas, coa construción desta cuneta de seguridade ao pe da entrada ás Torres de Altamira estamos dándolle unha alternativa para aparcar ás persoas que visitan o buque insignia do turismo brionés, pois agora mesmo apenas hai espazos onde facelo á beira da estrada. Trátase dunha solución provisional á espera de que a Deputación da Coruña, propietaria das Torres, ofreza unha definitiva”.

Etiquetas

brion
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre ofrece cursos de piragüismo para maiores de 8 anos
Deportes

O Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre ofrece cursos de piragüismo para maiores de 8 anos

A Romaría de Santa Minia, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia
Comarca

A Romaría de Santa Minia, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia

Doloroso minuto de silencio en Brión
Comarca

Doloroso minuto de silencio en Brión

Traxedia en Brión: falece unha nena de dous anos esquecida no coche
Destacado

Traxedia en Brión: falece unha nena de dous anos esquecida no coche