ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarcaDestacadoNoticia LíderPolítica

Brión encara 2026 coa reanudación da AC-543 e novos proxectos estratéxicos

Líder Redacción

Líder Redacción

2 de enero de 2026 a las 21:07

Compartir

O alcalde destaca o crecemento poboacional, a mellora do alumeado público e a necesidade de reforzar o comercio local, sen pechar a porta a presentarse ás eleccións de 2027

O alcalde de Brión, Pablo Lago, pasou polos micrófonos de Radio Líder Santiago para facer balance do ano que rematou, analizar os principais retos do concello e debuxar o horizonte político e de xestión dos vindeiros meses. Nunha entrevista marcada polo ton reflexivo e pola proximidade propia destas datas do Nadal, o rexedor recoñeceu que “non está todo feito o que me gustaría”, pero subliñou que tanto el como o seu equipo de goberno poden estar “coa conciencia moi tranquila” polo traballo realizado.

Un dos asuntos centrais foi o estado das grandes obras pendentes, entre elas a estrada AC-543, unha infraestrutura clave para o municipio. Lago explicou que, tras os problemas derivados da situación da empresa adxudicataria, “o primeiro tramo xa está rematado” e confirmou que a nova empresa retomará os traballos “entre o 12 e o 15 de xaneiro”, coa previsión de concluír unha actuación que cualificou de “pendente e necesaria”. Tamén fixo referencia ao pavillón municipal, practicamente finalizado, aínda que admitiu que “podería terse rematado antes”.

Durante a conversa, o alcalde puxo en valor o crecemento demográfico de Brión e a súa situación estratéxica. “Estamos ao lado da capital, do aeroporto, da praia… e iso fai que Brión medre”, sinalou, lembrando que poucos concellos de arredor de 8.000 habitantes poden presumir de contar con “piscina climatizada, varios campos de fútbol e dous pavillóns”. Nese contexto, anunciou o inicio dunha promoción privada de vivenda nas inmediacións das residencias, animando á veciñanza e a posibles compradores a apostar polo municipio.

Outro dos eixos da entrevista foi a mellora do alumeado público, unha actuación que permitirá renovar arredor do 90 % dos puntos de luz grazas a financiamento europeo. Lago recoñeceu as queixas dalgúns veciños polo ton máis anaranxado das novas luminarias, pero aclarou que responden á normativa vixente: “Dan os mesmos lúmenes e, cando estean todas instaladas, haberá uniformidade e máis eficiencia enerxética”.

No ámbito económico, o rexedor amosou a súa preocupación pola falta de comercio local e fixo unha chamada á responsabilidade da veciñanza. “Se a xente non fai uso do comercio local, é moi difícil que se manteña”, advertiu, chegando mesmo a convidar publicamente a novos profesionais, como froiteiros, a instalarse no mercadillo semanal tras a recente xubilación dun dos postos.

A entrevista tamén abordou cuestións máis complexas, como a subida da taxa do lixo, que Lago vinculou directamente ás esixencias dunha normativa europea que obriga a repercutir o custo real do servizo. “Pasamos de pagar arredor de 500.000 euros a máis dun millón, e iso lastra a capacidade de investimento do concello”, explicou, defendendo a necesidade dunha nova ordenanza para garantir a viabilidade económica municipal.

No plano político, Pablo Lago destacou como un exemplo de responsabilidade o acordo alcanzado entre diferentes forzas para garantir a estabilidade en Brión. “Hai que apartar a política e pensar nos veciños; o importante é o traballo e os resultados”, afirmou, reivindicando a boa relación institucional tanto coa Xunta de Galicia como coa Deputación.

Preguntado polo seu futuro, o alcalde deixou a porta aberta á súa continuidade máis alá de 2027, aínda que sen confirmar nada: “Se non dou cumpridos os obxectivos aos que me comprometín, non ten sentido seguir. Isto non é para toda a vida”. De cara a 2026, marcou como desexos prioritarios a posta en marcha dun novo auditorio, melloras no CEIP e o cumprimento dos compromisos recollidos nos orzamentos autonómicos.

A entrevista pechouse cunha mensaxe de Nadal e fin de ano á veciñanza, desexando “saúde, ilusión e novos retos” para o ano que entrou, nun Brión que, segundo o seu alcalde, “segue medrando e mirando ao futuro con responsabilidade”

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Etiquetas

brionpolitica
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

O Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre ofrece cursos de piragüismo para maiores de 8 anos
Deportes

O Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre ofrece cursos de piragüismo para maiores de 8 anos

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo