ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacadoSociedad

Brión convoca a 12ª Campaña de doazón de alimentos polo Nadal

Líder Redacción

Líder Redacción

17 de noviembre de 2023 a las 20:27

Compartir
  • Todas as persoas e entidades que desexen colaborar poden dende hoxe facer as súas achegas nos distintos centros municipais e no supermercado Froiz de Montebalado

17 de novembro de 2023.- O Concello de Brión pon en marcha por duodécimo ano consecutivo a campaña especial de Nadal de “Brión Solidario”, unha iniciativa que busca recoller alimentos para as familias máis vulnerables do municipio. Uns alimentos que deberán ser non perecedoiros e estar correctamente empaquetados, especialmente azucre, produtos de Nadal, conservas e produtos de hixiene persoal. Así mesmo, dende os Servizos Sociais de Brión lembran que tamén son ben recibidos o aceite, o leite, a pasta, o arroz ou as galletas.

A concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Rosa Romero Fariña, anima á veciñanza a participar nunha campaña que “dende hai tanto tempo vén contribuíndo a mellorar a cobertura das necesidades básicas das persoas máis desfavorecidas da nosa contorna” á vez que achega “o meu máis profundo agradecemento a todos os veciños e veciñas polo esforzo que realizades acotío para colaborar nesta e noutras iniciativas municipais solidarias”.

Todas as persoas e entidades que desexen colaborar na campaña poden dende hoxe achegar as súas doazóns nos distintos centros municipais (Casa do Concello, Casa da Cultura, Centro Social Polivalente e Biblioteca Municipal) así como no supermercado Froiz de Montebalado.

Tamén existe a posibilidade de entregar un donativo en metálico ben na Tesourería Municipal do Concello de Brión ou ben a través dun ingreso na conta do Concello en Abanca de Montebalado. En ambos os dous casos, a persoa ou entidade doadora recibirá o correspondente xustificante de ingreso.

Etiquetas

alimentosbrioncampañadoazonnadal
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre ofrece cursos de piragüismo para maiores de 8 anos
Deportes

O Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre ofrece cursos de piragüismo para maiores de 8 anos

A Romaría de Santa Minia, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia
Comarca

A Romaría de Santa Minia, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia

Doloroso minuto de silencio en Brión
Comarca

Doloroso minuto de silencio en Brión

Traxedia en Brión: falece unha nena de dous anos esquecida no coche
Destacado

Traxedia en Brión: falece unha nena de dous anos esquecida no coche