ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Comarca

Brión conmemora o Día do Libro cunha solta de libros e un contacontos infantil gratuíto

Líder Redacción

Líder Redacción

22 de abril de 2026 a las 22:10

Compartir
  • A programación especial arrincou cunha xuntanza do Club de Lectura co autor Eduardo Rojas

22 de abril de 2026.- O Concello de Brión conmemorará mañá xoves o Día do Libro cunha dobre actividade organizada pola Biblioteca Municipal: unha solta de libros e un contacontos. Así, Trémola Teatro porá en escena o seu espectáculo “O secreto da biblioteca”, un contacontos participativo no que o público acompañará a Iria nunha aventura chea de misterio. A través de 45 minutos de xogos, pistas e libros que falan, os nenos e nenas de Brión descubrirán o segredo mellor gardado do reino das historias.

A participación neste contacontos é totalmente gratuíta e non é precisa inscrición previa. Terá lugar mañá xoves 23 de abril, ás 18:00 horas, na sala municipal de exposicións de Brión. Un espectáculo patrocinado polo programa Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Solta de libros

Paralelamente, a Biblioteca Municipal de Brión organizará unha solta de libros denominada “Colle o teu libro e corre”. A iniciativa estará en marcha durante o horario de apertura da biblioteca: de 10:30 a 13:30 e de 16:30 a 21:00 horas, tempo durante o cal a cidadanía brionesa será agasallada cun libro a escoller no recibidor da biblioteca municipal.

“Despois das positivas experiencias de anos anteriores, onde repartimos entre a cidadanía libros de xeito totalmente gratuíto para así fomentar a lectura, retomamos este ano a actividade para celebrar o Día do Libro”, explica Pablo Lago, alcalde de Brión, quen lembra que “non é necesario traer libros para intercambiar, pero se alguén quere facelo tamén poderá ceibar na mesa os seus propios exemplares”.

A maiores, durante toda a semana a Biblioteca Municipal de Brión compartirá recursos culturais e informativos para a lectura e o lecer, recomendará libros e outros contidos para a lectura e realizará tamén una solta de libros virtuais, compartindo contidos dixitais accesibles en préstamo dende plataformas como GaliciaLe-eBiblio ou eBibliodacoruna.

Rebelión da lectura

A programación especial do Concello de Brión co gallo do Día do Libro rematará o 7 de maio, ás 18:00 horas, coa proxección do documental “A rebelión da lectura” na sala municipal de exposicións. Unha actividade patrocinada pola Deputación da Coruña que incluirá un debate posterior coas directoras do documental: Asun G. Losada e Alma Alonso. Entrada de balde ata completar a capacidade da sala.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O programa arrincou a pasada semana cunha reunión moi especial do Club de Lectura da BPM de Brión, que contou coa participación de Eduardo Rojas, autor de “Y apenas nada”, novela recomendada polo club para o mes de marzo. Durante case hora e media, os veciños e veciñas de Brión tiveron a oportunidade de explorar de man deste escritor mexicano todos os espazos narrativos da obra, a arquitectura íntima dos personaxes e os camiños da creación literaria. Esta é a segunda ocasión na que Eduardo Rojas asiste ao club de lectura de Brión. En 2016 xa acudira a outra xuntanza para presentar a súa novela “La mujer ladrillo”.

Etiquetas

briondia do libro
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre ofrece cursos de piragüismo para maiores de 8 anos
Deportes

O Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre ofrece cursos de piragüismo para maiores de 8 anos

A Romaría de Santa Minia, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia
Comarca

A Romaría de Santa Minia, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia

Doloroso minuto de silencio en Brión
Comarca

Doloroso minuto de silencio en Brión

Traxedia en Brión: falece unha nena de dous anos esquecida no coche
Destacado

Traxedia en Brión: falece unha nena de dous anos esquecida no coche