ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarcaPolítica

Brión celebra hoxe o Día de Santa Minia cunha recepción de autoridades, misas, música e monicreques

Líder Redacción

Líder Redacción

27 de septiembre de 2024 a las 08:39

Compartir
  • Ás 13:00 horas terá lugar a recepción de autoridades, entre as que están confirmadas o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e os alcaldes de Ames, Carnota, Cerceda, Dodro, Negreira, Noia, Porto do Son, Teo, Val do Dubra e Vedra, entre outros

26 de setembro de 2024.- Todo listo en Brión para celebrar mañá xoves o Día de Santa Minia e coa esperanza de que se cumpran as previsións meteorolóxicas, que apuntan a que non choverá durante o día grande das festas brionesas e que esa mellora climatolóxica acompañará durante a fin de semana. O alcalde, Pablo Lago, amosa a súa satisfacción “pola gran programación deseñada polo equipo de Goberno, o Departamento de Cultura e os traballadores municipais para que poidamos todos desfrutar dunhas magníficas festas de Santa Minia”.

Mañá venres a avenida de Santa Minia e a contorna da carballeira estará ateigada con máis de 150 postos de venda de rosquillas, roupa, produtos de segunda man, embutidos, larpeiradas, licores, filloas, ferramentas, artesanía, velas, imaxes relixiosas, xeados… A música matutina correrá a cargo do grupo de gaitas Airiños do Petouto e da charanga Os Jalácticos, que darán paso a unha sesión vermú protagonizada pola cantante local Ruth Cundíns.

No que atinxe aos oficios relixiosos, as visitas ao santuario comezarán ás 9:00 horas, agardándose a maior afluencia coincidindo coa misa solemne, que terá lugar ás 13:00 horas na casa reitoral. Un ano máis, e por razóns de seguridade, as misas e o depósito de candeas terán lugar na casa reitoral e non na capela, que seguirá abrindo as súas portas para que os devotos poidan cumprir coa tradición de visitar e bicar o sepulcro da Santa Minia. Os demais oficios terán lugar tanto en horario de mañá (9:00, 10:00, 11:00 e 12:00 horas) como de tarde (17:00, 18:00, 19:00 e 20:00 horas).

Recepción de autoridades

Ás 13:00 horas, o alcalde Pablo Lago presidirá a recepción de autoridades na carballeira de Santa Minia. Entre as confirmadas a día de hoxe figuran:

  • Diego Calvo, conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes
  • Marcos Araújo, xerente da Axencia Galega de Emerxencias
  • Antonio Leira, deputado provincial de Deportes
  • José Blas García Piñeiro, alcalde de Ames
  • Juan Manuel Saborido, alcalde de Carnota
  • Juan Manuel Rodríguez, alcalde de Cerceda
  • Francisco Xabier Castro Tourís, alcalde de Dodro
  • Manuel Ángel Leis Míguez, alcalde de Negreira
  • Santiago Freire Abeijón, alcalde de Noia
  • Luis Oujo Pouso, alcalde de Porto do Son
  • Lucía Calvo de la Uz, alcaldesa de Teo
  • Diego Luís Díaz Méndez, alcalde de Val do Dubra
  • Carlos Martínez, alcalde de Vedra
  • Concelleiros e concelleiras de Brión, Ames, Carnota e Teo.

A comitiva oficial dará un paseo polas contorna da carballeira de Santa Minia, que continúa pechada ao público salvo a pequena zona que está sendo obxecto do proceso de repoboación que está a levar a cabo o Concello de Brión. Tras asistir ao inicio da sesión vermú con Ruth Cundín, celebrarán un xantar nunha das polbeiras da festa.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Para a tarde, actuacións da charanga Os Celtas de Negreira e das Escolas de Baile e Música Tradicional de Brión, que darán paso a unha verbena coas orquestras Marbella e Origen.

Etiquetas

brionocioradio lider santiagoromariasanta minia
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre ofrece cursos de piragüismo para maiores de 8 anos
Deportes

O Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre ofrece cursos de piragüismo para maiores de 8 anos

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol
Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol