ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarca

Brión acollerá unha nova edición do ciclo Fegateatro, con sete actuacións de teatro afeccionado

 

Líder Redacción

Líder Redacción

4 de abril de 2024 a las 20:23

Compartir

 

 

A programación arrinca este sábado 6 de abril coa comedia musical “Río Bravo”, da Asociación Cultural e Teatral Catro Gatos

3 de abril de 2024.- O auditorio do centro social polivalente de Brión acollerá os sábados 6, 20 e 27 de abril, ás 20:00 horas, o inicio dunha nova xeira do ciclo de teatro afeccionado “Fegateatro”. Tres sesións con entrada de balde ata completar a capacidade da sala, froito do acordo asinado entre o alcalde de Brión, Pablo Lago, e a presidenta da Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA), Chelo Pampillón.

“Fegateatro” inclúe sete actuacións de teatro amador que terán lugar nos meses de abril, outubro e novembro da man de grupos asociados a FEGATEA. Unha programación que busca captar o interese do público brionés neste tipo de representacións, nas que se promove a cultura e a lingua galega.

O ciclo abrirase este sábado 6 de abril con “Río Bravo”, unha comedia musical para todos os públicos da Asociación Cultural e Teatral Catro Gatos (Bergondo). Un musical trepidante que esgota os estereotipos do western e se ri de todos eles. A súa banda sonora, dirixida por Andrés Botureira, consta de cancións breves dos máis variados estilos e compleméntase cun amplo dispositivo de sons incidentais e onomatopeias.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A programación de abril completarase con “Vacacións”, unha traxicomedia de A Tequerreté Teatro (Teo) dirixida a un público adulto (20 de abril); e “Un  mal día teno calquera”, unha comedia para público adulto de Teatro de Cámara Ditea.

Etiquetas

brionculturafegateatroocioradio lider santiagoteatroteatro afeccionado
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.