ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

DestacadoPolítica

Bouza na sinatura do acordo das contas municipais: “son uns orzamentos sociais e progresistas”

O secretario xeral dos socialistas reivindica o acordo como unha mostra de “política útil”: “a oposición ten que servir para o que serve a política: construír, debater, chegar a puntos de encontro e facilitar a vida das persoas”

Líder Redacción

Líder Redacción

29 de diciembre de 2023 a las 13:53

Compartir

Inclúese o incremento da aportación ao Servizo de Axuda no Fogar, as reurbanización das rúas García Lorca, Ponte da Raíña e Mallou e actuacións nos polideportivos de Vite e Santa Isabel, así como no campos do Fátima e Villestro.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2023. “Hoxe é un bo día para Compostela porque por fin temos un instrumento para facer realidade as demandas sociais” expuxo o secretario xeral dos socialistas na firma do acordo para a aprobación do orzamento municipal para o 2024. Unhas contas que superan os 141 millóns de euros e que inclúen o incremento da aportación ao Servizo de Axuda no Fogar, actuacións de mantemento dos barrios e parroquias e en diferentes equipamentos deportivos: “son uns orzamentos sociais e progresistas, que foi tamén o mandato que saíu das urnas”.

Aitor Bouza destacou o bo talante negociador das tres forzas políticas nas diferentes conversas que precederon a firma do acordo, así como o compoñente social das contas para o 2024 que defenden “os servizos públicos e de calidade dentro da nosa cidade”. Apelando á responsabilidade para “impedir o bloqueo de proxectos que foron iniciados no propio goberno socialista”.

“A oposición ten que servir para o que serve a política: construír, debater, chegar a puntos de encontro e facilitar a vida das persoas” expresou o líder dos socialistas que afeoulle ademais ao Partido Popular de Borja Verea o seu modelo de oposición “baseado en defender os intereses do propio Verea, do Partido Popular e, ás veces, do señor Feijóo, pero da cidade nada de nada”.

Mantemento de equipamentos municipais e transformación urbana

No acordo asinado este venres polo PSOE co goberno local, inclúense as partidas para darlle continuidade aos proxectos iniciados no goberno socialista como o Anel Verde, a reurbanización de García Lorca en Pontepedriña ou as remodelacións dos polideportivos de Vite e Santa Isabel.

Ademais inclúense as reurbanizacións da rúa Carlos Maside (Vite) e de Santiago de Chile, en pleno Ensanche. Tamén en materia deportiva engádense actuacións no campo de fútbol de Villestro e no Fátima, así como a continuidade do Plan Director de rehabilitación do estadio de San Lázaro.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

“Nós apoiamos estes orzamentos para ser un partido útil para a nosa cidade, logo de conseguir plasmar nas contas as demandas que nos trasladaron desde o tecido social, as entidades e os clubs da nosa cidade” explicou o secretario xeral do PSdeG en Santiago.

Etiquetas

orzamentospoliticasantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo
Comarca

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo