ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacadoPolítica

Bouza esixe claridade sobre a Casa da Xuventude: “Existe unha renuncia formal ao convenio coa Deputación?”

Líder Redacción

Líder Redacción

1 de diciembre de 2023 a las 13:12

Compartir
  • Os socialistas manterán unha reunión coas asociacións veciñais e colectivos usuarios do edificio na que participará tamén o portavoz da Deputación da Coruña para explicar o proxecto de rehabilitación.
  • O Secretario Xeral dos socialistas destacou ademais que a moción para rexeitar os ataques ás sedes socialistas contase co respaldo unánime da Corporación: “esperamos que o señor Rueda tome nota”

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2023.- Claridade, foi o que reclamou este venres o Secretario Xeral dos socialistas en Santiago ao bipartito, logo de que no pleno ordinario do mes de novembro as dúas forzas que compoñen o goberno amosasen as súas discrepancias. Aitor Bouza lamentou a “falta de transparencia” de Sanmartín, recordando que de non ter solicitado unha comparecencia do concelleiro responsable “nunca tiveramos coñecido todo o álbum de fotos da súa proposta”.

Bouza, que anunciou unha reunión coas asociacións veciñais e colectivos usuarios do edificio na que participará tamén o portavoz da Deputación da Coruña para explicar o proxecto de rehabilitación, afeoulle ao goberno local que non aclare “se realmente existe unha renuncia formal” ao convenio co ente provincial. O líder dos socialistas amosouse moi crítico pola postura do BNG que aposta “por destruír en lugar de construír”, insistindo na idea de que a proposta do Bloque podería integrarse na propia rehabilitación.

“Non hai que destruír para que haxa unha relación do parque de Belvís co resto da cidade e garantir a accesibilidade” explicou Bouza, recalcando que o anteproxecto da deputación contempla xa unha apertura cara o parque desde o Matadoiro. Ademais afeoulle ao BNG o seu acercamento ao Partido Popular, unha “coincidencia sorprendente” segundo o socialista, ante a que se pregunta se o PP apoiaría os
orzamentos do BNG para este tipo de proxectos.

“Se é certo que o PP vai velar polos intereses de Santiago, supoño que votará a favor das emendas socialistas aos orzamentos da Xunta”

Lembrando as palabras do Partido Popular no pleno de onte, nas que aseguraron que o PP “ía velar polos intereses de Santiago”, Aitor Bouza reclamoulle ao portavoz dos conservadores, e deputado no Parlamento que actúe en consecuencia: “entendemos entón que o señor Verea vai votar a favor das emendas que presentamos”.

Unhas emendas que presentaron esta mesma semana e que contemplan construír un aparcadoiro ao carón do Hospital Clínico, o incremento da aportación para a Depuradora da Silvouta, un colector de pluviais en Fontiñas, unha nova sede para a Escola Oficial de Idiomas e a ampliación do Conservatorio Profesional de Música. Tamén se inclúen partidas para a construción dun Conservatorio de Danza e a Escola Infantil de Santa Marta.

A próxima semana iniciarase o debate particular das emendas parciais e en 15 días procederase á votación definitiva. Unha votación na que, agardan desde as filas socialistas, o deputado Borja Verea “sexa consecuente co que dixo no pleno municipal”.

Unha condena unánime aos ataques ás sedes socialistas

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O líder do PSdeG en Santiago amosou a satisfacción ante a unanimidade alcanzada no pleno na moción que presentou o grupo socialista para condenar os ataques ás Casas do Pobo de toda España. Bouza destacou que este consenso “non foi posible no resto de Galicia” e valorou o cambio de voto dun dos concelleiros conservadores “que no pleno da Deputación da semana pasada abstívose” e, desta vez, votou a favor da condena. “Valoramos moi positivamente este avance do Partido Popular e agardamos que o señor Rueda tome nota e poida ser o partido de Compostela o que lle marque a liña a seguir na condena duns actos reprobables e repugnantes” afirmou.

Etiquetas

politicapsoesantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo
Comarca

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo