ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

Borja Verea levará mañá ao Pleno municipal, como asunto principal, o problema de alumeado

 

Líder Redacción

Líder Redacción

29 de enero de 2025 a las 14:18

Compartir
  • O líder popular destacou que “o que nos atopamos en moitos puntos da cidade é a veciños que agradecen aos comerciantes por ter os escaparates acendidos porque iso permite ter a rúa iluminada”
  • Pregúntase tamén “como é posible que existindo un novo contrato por 40 millóns a iluminación sexa cada vez peor?”.

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, levará mañá ao Pleno municipal, como tema principal, o problema de alumeado que está a sufrir a cidade.

Verea salientou que “estamos buscando respostas, as mesmas que se están a facer todos os veciños, sexan do rural, do Ensanche, do Casco Histórico ou dos barrios; respostas a unha pregunta clara: que está pasando coa iluminación da cidade?”

O popular subliñou que a alianza tripartita (PSOE-BNG-CA) contratou por 40 millóns  mellorar toda a iluminación da cidade, “pero as queixas non deixan de incrementar”, e preguntouse “como é posible que existindo un novo contrato por 40 millóns a iluminación sexa cada vez peor? Vostedes saen á rúa? De verdade non ven o problema? A que se están a dedicar eses 40 millóns?”. “O que está claro é que a mellorar a iluminación non”, denunciou.

O tamén deputado autonómico insistiu en que “aínda tendo en conta a necesidade de aforro enerxético, Compostela non pode ser máis escura e máis insegura que antes, por iso esiximos unha revisión total da substitución das luminarias que supoña unha solución ás demandas dos cidadáns”.

Verea calificou ademais de ridículas as declaraciós do BNG nas que falaban de exceso de luz na cidade e botaban a culpa aos escaparates dos comercios, “este tipo de afirmacións confirma que viven completamente fóra da realidade, resulta inexplicable que hoxe en día poidan aludir ao exceso de luz en calquera punto de Santiago”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Así, continuou, “o problema de alumeado público en Santiago é hoxe un dos principais problemas da cidade e nós o que atopamos en moitos puntos da cidade é a veciños que agradecen aos comerciantes por ter os escaparates acendidos porque iso permite ter a rúa iluminada. Todo o contrario do que está dicindo o BNG”. Neste senso subliñou que “que sexan os propios comerciantes os que alumeen as rúas evidencia a total falla de xestión, ineficacia e inoperancia deste goberno”.

Etiquetas

compostelailuminacionppsantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago
Actualidad

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago

A solución ás gárgolas do Hostal: «Poderían quedar como quimeras e buscar unha canalización interna»
Destacado

A solución ás gárgolas do Hostal: «Poderían quedar como quimeras e buscar unha canalización interna»

Denuncian que a ‘desorganización’ no CHUS retrasa probas esenciais a unha paciente oncolóxica
Actualidad

Denuncian que a ‘desorganización’ no CHUS retrasa probas esenciais a unha paciente oncolóxica

O BNG ‘apaga’ Pontecesures: “O PP recuperará a lamprea, impulsará o polígono e mellorará servizos»
Comarca

O BNG ‘apaga’ Pontecesures: “O PP recuperará a lamprea, impulsará o polígono e mellorará servizos»