ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadPolíticaTurismo

Borja Verea cuestiona a política turística do BNG en Santiago

 

Líder Redacción

Líder Redacción

2 de abril de 2024 a las 14:59

Compartir

 

  • O líder dos populares composteláns afirma que “Santiago é unha cidade universal e aberta ao mundo, e nós defenderemos o compostelanismo ata as últimas consecuencias”
  • O que se ve aquí é “cero traballo e moita ideoloxía”, posto que levan 6 meses de retraso coa taxa turística , case un ano de retraso coas vivendas de uso turístico e nada se sabe da famosa regulación para prohibir picnics e acampadas nos espazos emblemáticos.
  • Así invitou ao BNG a que, “se realmente queren preocuparse polo descanso dos veciños, se poñan a traballar no problema do ruído nocturno, no tráfico colapsado das nosas rúas, nunha política de vivenda para todos e nunha cidade limpa, amable e ordenada”.

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, amosou hoxe a súa preocupación tras coñecer a intención do BNG de limitar o acceso dos turistas a Compostela.

Verea acusou aos nacionalistas de querer converter Santiago nun barrio dormitorio, “perdendo así a nosa vocación cosmopolita e a esencia de mil anos recibindo xente”, e lamentou que teñan declarados como inimigos aos visitantes e peregrinos que chegan á nosa cidade, “o único que conseguirán así e pechala en si mesma, reducila e paralizala”.

Nese senso, o líder popular sinalou que o que se ve aquí é “cero traballo e moita ideoloxía”, posto que levan 6 meses de retraso coa taxa turística , case un ano de retraso coas vivendas de uso turístico e nada se sabe da famosa regulación para prohibir picnics e acampadas nos espazos emblemáticos.

Así, destacou, “non se entende que con todas as frontes que teñen abertas e que non son quen de xestionar, queiran abrir outra aspiña máis a ver que pasa”. “Xentes de todo o mundo, soas ou acompañadas, esfórzanse todos os días por chegar a Santiago, non existe un lugar do mundo que consiga esa manifestación multitudinaria de ledicia como a Praza de Obradoiro; e agora pretenden prohibir os grupos de visitantes”, “de verdade están pensando o que din?” preguntouse Verea, “queren prohibir a entrada de grupos de peregrinos que chegan ao Obradoiro?”.

O tamén deputado popular afirmou que “Santiago é desde hai mil anos unha cidade universal, cosmopolita e aberta ao mundo e nós imos defender ese compostelanismo ata as últimas consecuencias”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Así invitou ao BNG a que, “se realmente queren preocuparse polo descanso dos veciños, se poñan a traballar no problema do ruído nocturno, no tráfico colapsado das nosas rúas, nunha política de vivenda para todos e nunha cidade limpa, amable e ordenada”. “Déixense de ideoloxía e de dar paos de cego; deixen aos peregrinos que levan mil anos construíndo o que somos, en paz; e póñanse a traballar polo realmente importante dunha vez”, concluíu Verea.

Etiquetas

composteladenunciappradio lider santiagosantiagoturismo
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol
Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol

Indignación por la aparición de pintadas xenófobas junto a la intermodal de Santiago
Destacado

Indignación por la aparición de pintadas xenófobas junto a la intermodal de Santiago