ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadPolítica

Borja Verea aposta pola creación do Consello Municipal da Infancia

 

Líder Redacción

Líder Redacción

4 de marzo de 2024 a las 16:14

Compartir

 

 

O líder popular subliñou que o Concello debe comprometerse coa infancia, coidar das nenas e nenos composteláns, procurar a mellora do seu benestar e calidade de vida e fomentar a súa participación e compromiso.

“Trataríase dun espazo activo que teña como obxectivo avaliar, suxerir, propor ideas sobre asuntos que afectan a cuestións individuais e colectivas da poboación infantil, co fin de chegar a obxectivos comúns”, remarcou.

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, manifestou hoxe a súa aposta pola creación do Consello Municipal da Infancia para garantir a presenza e participación efectiva da veciñanza máis xove da cidade na vida municipal. O líder popular subliñou que “o Concello debe comprometerse coa infancia, coidar das nenas e nenos composteláns, procurar a mellora do seu benestar e calidade de vida, ademais de fomentar a súa participación e compromiso”.

As nenas e nenos contan coa capacidade de mudar e influír na súa contorna, polo que, explicou Verea, “debemos garantir as condicións para que o seu dereito á participación sexa efectivo, xa que é fundamental que as súas inquedanzas, opinións, necesidades e dereitos formen parten da política municipal, cunha xestión que o garanta”.

Para Borja Verea, isto lograríase a través dun órgano de representación, consulta e participación do Goberno municipal para asuntos que afecten, de maneira directa ou indirectamente, á poboación infantil. “Un espazo activo que teña como obxectivo avaliar, suxerir, propor ideas sobre asuntos que afectan a cuestións individuais e colectivas da poboación infantil, co fin de chegar a obxectivos comúns”, remarcou.

O popular reiterou que a finalidade do Consello Municipal da Infancia será a de facilitar a participación da veciñanza máis nova nas decisións a tomar polo goberno municipal, contribuíndo á expresión e ao coñecemento directo das súas inquedanzas, intereses e necesidades, ao tempo que permitiría o acceso e intercambio de información dirixida ás entidades do tecido asociativo, especialmente, configuradas para a defensa dos intereses concretos dos rapaces e facilitará a coordinación entre os diferentes axentes implicados no seu benestar.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A participación infantil está baseada na Convención sobre os Dereitos da Infancia, aprobada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 20 de novembro de 1989, na que se  destaca a consideración dos nenos e nenas como suxeitos de dereitos e o establecemento dun marco de interrelación coa poboación adulta, as institucións e a sociedade, ao tempo que se recoñece o seu dereito a expresar a súa opinión en todos os asuntos que lles afecten e a que sexan tidos en conta.

Etiquetas

compostelainfanciapoliticappradio lider santiagosantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego