ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarca

Boqueixón remata as obras de mellora da estrada que une as aldeas da Moa e A Pena

As obras incluíron a construción dun itinerario peonil que aumenta a seguridade viaria na zona, onde os veciños e veciñas tiñan que camiñar pola calzada

Líder Redacción

Líder Redacción

2 de abril de 2024 a las 17:55

Compartir

Boqueixón, 2 de abril de 2024.- O Concello de Boqueixón vén de rematar as obras de mellora da estrada que une as aldeas da Moa e A Pena, na parroquia de Loureda, nas que investiu 146.420 euros. Unha actuación que permitiu a construción dun itinerario peonil de 1,5 metros de ancho anexo á estrada.

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, explica que se trata dunha actuación que “suporá unha importante mellora na seguridade viaria na parroquia xa que os veciños e veciñas de A Pena e A Moa carecían dun espazo para o tráfico peonil, polo que tiñan que camiñar pola calzada nos seus desprazamentos cotiás, xa que non existía sequera unha cuneta transitable. Agora dispoñen dun itinerario peonil para desprazarse con maior comodidade e seguridade”.

O novo itinerario peonil foi construído en pavimento de formigón coloreado de 15 centímetros de espesor. Baixo esta senda, executouse unha rede de recollida de augas pluviais con oito arquetas con sumidoiro e deixouse tamén lista a canalización para o alumeado público.

As obras incluíron a construción de tres muros de granito para contención de terras e, para garantir a seguridade dos peóns, instalouse tamén unha varanda de aceiro inoxidable nun tramo de desnivel. Así mesmo, mellorouse a capa de rodaxe dos 900 metros da estrada cun aglomerado en quente de 5 centímetros, previa reparación de fochancas e perfilado de mordentes. Os traballos completáronse co pintado da sinalización horizontal, pintado de liñas en bordes incluída, e a colocación de dous sinais de Stop.

Etiquetas

boqueixonobrasradio lider santiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol
Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha
Actualidad

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha