ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Boqueixón pon en marcha a nova EDAR de Sergude que dará servizo tamén a Lestedo

Líder Redacción

Líder Redacción

11 de junio de 2025 a las 15:46

Compartir
  • As instalacións supuxeron un investimento de 1,8 millóns de euros e permiten dar servizo ata 3.000 habitantes

Boqueixón, 11 de xuño de 2025.- O Concello de Boqueixón vén de poñer en marcha as instalacións da nova estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Sergude, inaugurada o pasado mes de febreiro tras un investimento de 1.810.427 euros. Unhas instalacións que permitirán optimizar o tratamento das augas residuais nas parroquias de Sergude e Lestedo, triplicando a capacidade de tratamento da anterior depuradora.

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro; o concelleiro de Obras, Manuel Fernández Munín, e o responsable municipal de Obras, Juan Corral, asistiron á posta en servizo destas novas instalacións, acompañados por persoal técnico das empresas Espina e Delfín, responsable da xestión do ciclo integral da auga no municipio, e Vázquez y Reino, firma encargada da construción da nova depuradora.

Ovidio Rodeiro indicou que “coa recente incorporación das augas residuais de Lestedo, as novas instalacións xa se atopan totalmente operativas e permitirán dar un salto de calidade na defensa do noso medio ambienta xa que se trata dunha depuradora moderna e eficiente, deseñada para acadar o mínimo vertido”. Por iso, a nova EDAR de Boqueixón conta con dúas liñas de depuración: unha para a auga e outra para os lodos.

Melloras na depuración

Así, a depuradora de Sergude conta cunha primeira estrutura de pretratamento da auga que permite separa en tres contedores diferentes os residuos sólidos, as graxas e as areas. Acto seguido, sitúase o tratamento biolóxico, cunha capacidade media de 44 metros cúbicos de auga por hora, se ben pode chegar a tratar picos de ata 81 metros cúbicos. Ademais, en caso de choivas torrenciais que puideran superar o caudal máximo de tratamento, a nova EDAR de Boqueixón conta cun depósito de retención ou tanque de tormentas ao que se podería enviar o exceso de auga.

O tratamento biolóxico estará conformado por un sistema de lodos activados por aireación prolongada de baixa carga, que contarán con dous axitadores para a produción de osíxeno. O seguinte proceso é o da decantación secundaria, integrado por dúas liñas onde os lodos sepáranse por gravidade a un pozo de bombeo para a súa posterior deshidratación e tratamento por un xestor autorizado.

Estas novas instalacións permiten triplicar a capacidade da depuradora de Lestedo, construída en 1991 e cunha capacidade de 1.000 habitantes, o que era insuficiente para tratar a totalidade das augas residuais procedentes desta parroquia. Pola contra, a nova EDAR de Sergude ten capacidade para dar servizo a unha poboación de ata 3.000 habitantes, o que lle permitirá tratar todas as augas residuais das parroquias de Sergude e Lestedo.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A nova depuradora supuxo un investimento de 1,8 millóns de euros, financiadas a través dun convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Boqueixón no que o Goberno Galego asumiu arredor do 80’% da inversión no marco do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020 do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader). Pola súa banda, o Concello de Boqueixón achegou máis de 360.000 euros, puxo a disposición os terreos necesarios e asume agora o mantemento das instalacións.

Etiquetas

boqueixondepuradoraedar
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

As obras de humanización de Lestedo estarán rematadas a comezos de 2027
Comarca

As obras de humanización de Lestedo estarán rematadas a comezos de 2027

As Carrozas do San Cidre celebran o 16 e 17 de maio a súa primeira edición con selo turístico galego
Comarca

As Carrozas do San Cidre celebran o 16 e 17 de maio a súa primeira edición con selo turístico galego

Máis de 200 veciños de Boqueixón infórmanse sobre a parcelaria de Lamas e contorna
Comarca

Máis de 200 veciños de Boqueixón infórmanse sobre a parcelaria de Lamas e contorna

Boqueixón convida á veciñanza a participar nas reunións informativas por parroquias
Comarca

Boqueixón convida á veciñanza a participar nas reunións informativas por parroquias