ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Boqueixón destina máis de 1,8M€ para mellorar o servizo de axuda no fogar

 

Líder Redacción

Líder Redacción

1 de abril de 2025 a las 19:26

Compartir
  • A nova empresa empeza a traballar neste mes de abril

Boqueixón, 1 de abril de 2025.- A nova empresa encargada de prestar o Servizo de Axuda no Fogar en Boqueixón comeza a traballar neste mes de abril. O Concello vén de incrementar ata os 1.837.389 euros a inversión na mellora deste servizo. Uns cartos que financiarán o SAF boqueixonés durante os próximos 24 meses, de abril de 2025 a marzo de 2027.

O novo contrato inclúe melloras tanto para as persoas coidadoras, que vén incrementado o prezo por hora traballada e mellores condicións de traballo, como para as persoas que son atendidas no seu domicilio. “A pesar de que supón un gasto moi importante para o Concello, de máis de 670.000 euros este mesmo ano, e que non é unha competencia municipal, non podemos esquecer que o SAF ten como principal obxectivo mellorar a calidade de vida das persoas usuarias, favorecer a súa autonomía, posibilitar a súa permanencia nas súas casas e previr situacións de exclusión social, polo que o esforzo paga a pena”, apunta o alcalde, Ovidio Rodeiro.

Neste sentido, o alcalde lembra “a aposta decidida deste equipo de Goberno polas actividades de conciliación, tanto para os pais e nais do alumnado en idade escolar como para os coidadores e coidadoras dos nosos maiores”. Así, explica que o novo contrato recolle as peticións realizadas polas traballadoras que prestan este servizo, cun prezo mínimo de 24 euros/hora.

 

Etiquetas

axuda no fogarboqueixon
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

As obras de humanización de Lestedo estarán rematadas a comezos de 2027
Comarca

As obras de humanización de Lestedo estarán rematadas a comezos de 2027

As Carrozas do San Cidre celebran o 16 e 17 de maio a súa primeira edición con selo turístico galego
Comarca

As Carrozas do San Cidre celebran o 16 e 17 de maio a súa primeira edición con selo turístico galego

Máis de 200 veciños de Boqueixón infórmanse sobre a parcelaria de Lamas e contorna
Comarca

Máis de 200 veciños de Boqueixón infórmanse sobre a parcelaria de Lamas e contorna

Boqueixón convida á veciñanza a participar nas reunións informativas por parroquias
Comarca

Boqueixón convida á veciñanza a participar nas reunións informativas por parroquias