ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Boqueixón contará con dúas novas Casas do Maior, en Camporrapado e Lamas

Líder Redacción

Líder Redacción

15 de septiembre de 2025 a las 20:37

Compartir
  • O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria visitou a sede da futura Casa do Maior Xunta resolve a convocatoria para a creación de 20 novas casas do maior, que sumarán 100 prazas gratuítas de atención diúrna

Boqueixón, 15 de setembro de 2025.- Boqueixón contará con dúas novas casas do maior, concretamente nas parroquias de Oural e Lamas. Así llo confirmou esta mañá o director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, ao alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, durante unha visita ás instalacións da Casa da Cultura de Camporrapado, xa que o Concello autorizará a ocupación dun dos seus locais para a posta en marcha dunha Casa do Maior.

“Con estas dúas novas casas do maior, Boqueixón convértese nun dos municipios de Galicia con maior número de casas e prazas para atender aos nosos maiores, xunto a Vilanova de Arousa, e tamén dá resposta a unha demanda veciñal, pois estas instalacións fomentan non só a autonomía persoal dos nosos maiores senón que tamén se converten nun punto de encontro con persoas da súa mesma idade”, explicou Rodeiro Tato, quen agradeceu a Antón Acevedo a comunicación destas dúas novas instalacións.

Poden acceder a estes servizos persoas de máis de 60 anos, tendo preferencia aquelas que teñan recoñecidos graos I ou II de Dependencia. O prezo é totalmente de balde, tanto do servizo como do desprazamento, financiado pola Consellería de Política Social. O xantar ten un prezo de 5 euros. O seu horario de atención é diúrno, durante 8 horas de luns a venres. Os Servizos Sociais de Boqueixón son os encargados de tramitar as solicitudes de praza na nova casa do maior (981 513 106).

Emprendemento feminino

Dúas casas do maior que serán postas en marcha por tres emprendedoras locais, dúas delas presentes hoxe durante a visita do director xeral. Trátase de Jessica Moreiro Acebedo e Jessica Lirio, que porán en marcha “Casa Aloumiños” nun local cedido polo Concello de Boqueixón na Casa da Cultura de Camporrapado; e Nerea Barreiro Ferreiro, que fará o propio en Outeiro (Lamas), onde acondicionará unha instalación para abrir “Fogar de Lamas”.

“Unha vez que estean en marcha estas dúas novas instalacións, os maiores de Boqueixón disporán de 20 prazas gratuítas á súa disposición preto das súas casas, fomentando deste xeito tanto os coidados de proximidade como a permanencia desa persoa maior na súa contorna”, apunta o alcalde boqueixanés. De feito, a cesión do local de Camporrapado tiña como obxectivo facilitar que este servizo estivera dispoñible e próximo a todos os maiores do municipio, independentemente da parroquia na que residiran.

Visita a Camporrapado

Na súa visita a Camporrapado, Antón Acevedo puido comprobar sobre o terreo as instalacións que albergarán a “Casa Aloumiños”, seguindo as indicacións da emprendedora Jessica Moreiro e escoitando tamén as explicacións de Nerea Barreiro sobre o seu proxecto en Lamas. Unha visita na que estiveron acompañados pola concelleira de Servizos Sociais, Ángela Conde Leis; e polos concelleiros de Servizos e Obras Públicas, Manuel Fernández Munín; Facenda, Servizos Xerais, Mantemento e Limpeza, José Manuel Iglesias Gómez; e Industria, Turismo e Desenvolvemento Local, José Luís Mareque Simón.

Boqueixón conta na actualidade con dúas instalacións deste tipo operativas: a “Casa do Maior Lodeiro”, posta en marcha na parroquia de Loureda pola emprendedora Marta Renda Guillán a principios de 2021; e a “Casa do Maior de Carabán”, promovida por Beatriz Mella Pazos a principios de 2024. Cada una delas dispón de 5 prazas (ben cinco persoas a tempo completo de 8 horas ou incluír xente a tempo parcial de 4 horas).

DOG

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da convocatoria para a creación de 20 novas casas do maior en diferentes concellos de Galicia,  que suporán a creación de 100 prazas máis totalmente gratuítas destinadas á atención diúrna dos maiores.

Esta nova convocatoria conta cun orzamento dun millón de euros e permite incrementar a rede de casas do maior de Galicia ata as 160. A resolución recolle que se crearán dous novos recursos nos concellos de Muxía, Boqueixón, Camariñas e San Amaro; e un novo servizo destas características nos municipios de Ponteceso, Fisterra, Oía, Carnota, Dumbría, Mazaricos, Maside, Petín, Campo Lameiro, Cerdido, Quintela de Leirado e A Mezquita.

Nestes momentos en Galicia xa hai en funcionamento máis de 140 recursos destas características que prestan servizo a máis de 700 maiores. A Xunta impulsou estes recursos pioneiros co obxectivo de ofrecer unha atención totalmente gratuíta aos maiores que viven nos concellos máis pequenos Deste xeito, poténcianse os coidados de proximidade na contorna e ofrécense alternativas de asentamento de poboación no rural.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Etiquetas

boqueixonCamporrapadocasas do maiorLamas
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

As obras de humanización de Lestedo estarán rematadas a comezos de 2027
Comarca

As obras de humanización de Lestedo estarán rematadas a comezos de 2027

As Carrozas do San Cidre celebran o 16 e 17 de maio a súa primeira edición con selo turístico galego
Comarca

As Carrozas do San Cidre celebran o 16 e 17 de maio a súa primeira edición con selo turístico galego

Máis de 200 veciños de Boqueixón infórmanse sobre a parcelaria de Lamas e contorna
Comarca

Máis de 200 veciños de Boqueixón infórmanse sobre a parcelaria de Lamas e contorna

Boqueixón convida á veciñanza a participar nas reunións informativas por parroquias
Comarca

Boqueixón convida á veciñanza a participar nas reunións informativas por parroquias