ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarca

Boqueixón celebra os avances na tramitación do Campus de I+D promovido en Sergude

 

Líder Redacción

Líder Redacción

16 de enero de 2024 a las 16:24

Compartir

 

 

O proxecto de interese autonómico someterase a información pública ata o 12 de febreiro

Boqueixón, 16 de xaneiro de 2024.- O Concello de Boqueixón celebra os avances na tramitación do Campus de I+D que a empresa Santos Equipamento de Interiores SLU promove no parque empresarial de Sergude. Un proxecto de interese autonómico (PIA) fechado en agosto de 2023 e que vén de ser sometido a información pública ata o 12 de febreiro de 2024. Unha información accesible na web da Consellería de Economía, Industria e Innovación a través deste enlace: https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-industriais?content=expediente_0008.html

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, amosa a súa satisfacción “por un proxecto moi importante para o presente e futuro de Boqueixón  que vai avanzando de forma moi positiva”. Neste sentido, lembra que “deste xeito Boqueixón sumará máis de 60.000 novos metros cadrados de solo industrial”.

O proxecto pretende crear un campus con instalacións onde os diferentes departamentos de deseño e desenvolvemento poidan reunirse nunha contorna axeitada para o proceso creativo coa fin de innovar e desenvolver o produto e así dar continuidade ao crecemento da empresa. Para a construción e desenvolvemento desta área en Deseiro (Sergude), a firma ten previsto un investimento de 8 millóns de euros. Na actualidade xa desembolsou 2,5 millóns na obtención do terreo e nas instalacións xa realizadas.

O campus de I+D emprazarase en Deseiro, onde a empresa dispón dun terreo de 84.869 metros cadrados na zona do polígono empresarial de Sergude e nunha situación estratéxica pola súa proximidade tanto á estrada Nacional 525 Santiago-Ourense (apenas medio quilómetro) como aos accesos á AP-9 e á A-53 Santiago-Ourense (3,5 quilómetros), así como a infraestruturas aeroportuarias como ferroviarias. Isto fai desta zona un emprazamento especialmente idóneo para a implantación deste tipo empresarial de uso industrial e terciario.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Nunha primeira fase do campus procederase ao traslado de todos os departamentos que Santos Equipamento de Interiores SL ten agora mesmo que Quiroga Palacios (Santiago de Compostela) e que non o suficientemente grandes para soportar o crecemento desta empresa, que ten un promedio de 10 novas incorporacións ao ano.

Etiquetas

boqueixoncomarca
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

As obras de humanización de Lestedo estarán rematadas a comezos de 2027
Comarca

As obras de humanización de Lestedo estarán rematadas a comezos de 2027

As Carrozas do San Cidre celebran o 16 e 17 de maio a súa primeira edición con selo turístico galego
Comarca

As Carrozas do San Cidre celebran o 16 e 17 de maio a súa primeira edición con selo turístico galego

Máis de 200 veciños de Boqueixón infórmanse sobre a parcelaria de Lamas e contorna
Comarca

Máis de 200 veciños de Boqueixón infórmanse sobre a parcelaria de Lamas e contorna

Boqueixón convida á veciñanza a participar nas reunións informativas por parroquias
Comarca

Boqueixón convida á veciñanza a participar nas reunións informativas por parroquias