ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarca

Boqueixón acollerá en xuño ‘Galiforest’, a feira forestal máis importante do noroeste peninsular

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro Tato, reuniuse este mércores co director xerente da Feira Internacional de Galicia Abanca, Ricardo Durán, para preparar toda a loxística necesaria de cara á celebración da sétima edición de Galiforest Abanca, que terá lugar no Pazo de Quián (Sergude, Boqueixón) do 27 ao 29 de xuño. “Trátase dun evento que se ten consolidado en Boqueixón como o gran espazo de negocio e o punto de encontro e de referencia do sector forestal na Península Ibérica”, explica Ovidio Rodeiro.

Líder Redacción

Líder Redacción

15 de mayo de 2024 a las 18:19

Compartir

Na reunión tratáronse aspectos de preparación do espazo expositivo, sinalización cara o Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude, a habilitación de prazas de aparcamento, a coordinación dos distintos equipos de traballo (Protección Civil, Bombeiros, corpos de seguridade…). Todo para que o monte boqueixonés se converta durante tres días nun punto de encontro excepcional para empresas e profesionais a todos os niveis e para todos os eslabóns da cadea monte-industria.

De feito, na súa edición de 2022 (xa que a feira ten carácter bienal), participaron un total de 371 firmas expositoras de 26 países, que ocuparon unha superficie expositiva de 13.726 metros cadrados, un 16% máis que na edición anterior. Así mesmo, Galiforest 2022 reuniu a 7.161 visitantes profesionais, na súa maior parte procedentes de España e Portugal, pero tamén con representantes de Francia e Italia.

Etiquetas

boqueixongaliforestradio lider santiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol
Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha
Actualidad

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha