ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Boqueixón abre o prazo nos servizos de Madrugadores e Tardes de Lecer

 

Líder Redacción

Líder Redacción

8 de agosto de 2025 a las 17:37

Compartir

O Concello de Boqueixón vén de abrir ata o 26 de agosto o prazo de inscrición nos servizos de conciliación Madrugadores e Tardes educativas e de lecer para o curso 2025-2026. Dous programas dirixidos a alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria, de entre 3 e 16 anos, empadroado en Boqueixón ou ben matriculado nun centro educativo do municipio. As actividades desenvolveranse nas instalacións do CPI Antonio Orza Couto.

O programa Madrugadores ofrece servizo de acollida, coidado e vixilancia antes do comezo das clases en horario de 7:30 a 9:00 horas. Realizaranse actividades variadas e relacionadas co fomento de hábitos saudables. Os prezos oscilan entre os 10 euros mensuais (un día por semana) e 50 euros mensuais (os 5 días da semana). Ademais, hai posibilidade de utilizar o servizo en días puntuais, cun prezo de 5 euros por xornada.

Pola súa banda, as Tardes Educativas e de Lecer, en horario de 15:30 a 18:30 horas, ofrecen dous servizos en espazos diferenciados: acompañamento escolar, para que o alumnado realice as tarefas escolares co apoio de monitorado especializado; e “recreando”, unha actividade lúdico-cultural cun amplo programa de actividades, obradoiros e xogos. Os prezos oscilan entre os 30 euros mensuais por 1 día semanal ata os 90 euros mensuais polos cinco días da semana. Tamén é posible acceder a este servizo de conciliación de forma puntual, aboando neste caso 10 euros por xornada.

En ambos os dous casos, o Concello de Boqueixón ten establecido numerosas bonificacións, que permiten ás familias reducir o custe do servizo entre un 25 e o 100% do total. As inscricións poden ser telemáticas (a través da sede electrónica municipal) ou presencial (a través do Rexistro). A documentación está dispoñible na web municipal: www.boqueixon.gal .

Etiquetas

boqueixonmadrugadorestardes de lecer
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

As obras de humanización de Lestedo estarán rematadas a comezos de 2027
Comarca

As obras de humanización de Lestedo estarán rematadas a comezos de 2027

As Carrozas do San Cidre celebran o 16 e 17 de maio a súa primeira edición con selo turístico galego
Comarca

As Carrozas do San Cidre celebran o 16 e 17 de maio a súa primeira edición con selo turístico galego

Máis de 200 veciños de Boqueixón infórmanse sobre a parcelaria de Lamas e contorna
Comarca

Máis de 200 veciños de Boqueixón infórmanse sobre a parcelaria de Lamas e contorna

Boqueixón convida á veciñanza a participar nas reunións informativas por parroquias
Comarca

Boqueixón convida á veciñanza a participar nas reunións informativas por parroquias