ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaNoticia LíderPolíticaSociedad

Boiro consolídase como referente da Semana Santa na comarca do Barbanza

 

Líder Redacción

Líder Redacción

12 de abril de 2025 a las 15:05

Boiro Turismo

Compartir

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, destacou durante unha entrevista en Radio Líder Santiago a riqueza cultural e relixiosa que ofrece o municipio nesta Semana Santa, unha celebración que xa se converteu nun referente na comarca.«Somos xa un referente na comarca durante a Semana Santa e atraemos cada ano a máis veciños e visitantes» afirmou o alcalde, quen subliñou o traballo da Irmandade do Cristo da Misericordia para organizar unha programación completa con actos litúrxicos, procesións e actividades culturais.

Romero salientou que este ano haberá máis de 15 procesións, incluídas as nocturnas, que son as máis espectaculares. «As nocturnas son as que máis reclamo teñen de público porque lucen moitísimo. É un espectáculo coa posta en escena da cofradía», explicou. A programación esténdese dende o 5 ata o 20 de abril, Domingo de Resurrección, con actos como a procesión da Festividade das Dores.

O alcalde destacou o compromiso do Concello para potenciar a Semana Santa: «Seguimos apoiando estes actos, engadindo valor dende o relixioso, cultural e turístico». Ademais, resaltou o esforzo continuo da Irmandade: «Hai un traballo persoal de moita xente durante todo o ano. Non remata esta Semana Santa e xa comezan a preparar a seguinte».

Aproveitando a entrevista, Romero avanzou novidades sobre proxectos clave para Boiro como a urbanización de mil vivendas: «Este ano aprobarase o proxecto de urbanización, o que transformará Boiro nun antes e un despois» e a residencia pública: «Estivemos reunidos cunha asociación de xubilados para materializar esta ansiada residencia».

O alcalde rematou cunha invitación a disfrutar da Semana Santa en Boiro: «Quero animar a todo o mundo a vir a Boiro a gozar non só dos actos relixiosos, senón tamén da nosa gastronomía, paisaxe e programación lúdica».

A entrevista completa, no seguinte enlace.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Etiquetas

boiroEntrevistasemana santa
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026
Actualidad

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026

O Pazo de Goiáns acolle unha exposición do deseñador boirense Juan Ares
Comarca

O Pazo de Goiáns acolle unha exposición do deseñador boirense Juan Ares

O Pazo de Goiáns acolleu o III Certame de Regueifas no que participan os centros de ensino
Comarca

O Pazo de Goiáns acolleu o III Certame de Regueifas no que participan os centros de ensino

Boiro acolle esta fin de semana o Campionato Galego Escolar de Taekwondo
Deportes

Boiro acolle esta fin de semana o Campionato Galego Escolar de Taekwondo