ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadEducación

BNG presenta unha proposición reclamando máis recursos e profesorado no IES de Sar

O aumento de estudantado no IES de Sar, en Santiago de Compostela, provoca que a ANPA solicite unha dotación proporcional de profesorado e recursos. Reclamación que o Bloque Nacionalista Galego para o seu debate na Comisión 4ª.

Líder Redacción

Líder Redacción

30 de abril de 2026 a las 16:03

Compartir

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2026.- A comunidade educativa do IES de Sar, en Santiago de Compostela, leva tempo reclamando máis recursos e profesorado ante o importante incremento de alumnado que se produciu nese centro ao longo dos últimos anos. Por iso, o Grupo Parlamentar do BNG presenta, a través das deputadas Saleta Chao Rivas e Cristina Fernández Davila, unha proposición non de lei para o debate na Comisión 4ª. Nela ínstase Xunta de Galiza a realizar unha avaliación da situación do IES de Sar para dotar este centro do profesorado suficiente, incluíndo unha nova praza de orientación, para atender as necesidades do alumnado e garantir unha atención educativa de calidade. Asemade, pídese reforzar as figuras de profesorado especialista en pedagoxía terapéutica e audición e linguaxe para garantir unha atención con dedicación horaria suficiente ao alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

Nun escrito remitido pola ANPA á Consellería de Educación, describen como pasaron de 272 a 485 estudantes nos últimos cursos que, ante a falta dunha dotación proporcional de profesorado e recursos, afecta o funcionamento do centro e a atención educativa ao alumnado.

A comunidade educativa do IES de Sar denuncia que teñen unha ratio elevada de alumnado cunha parte significativa con  necesidades específicas de apoio educativo para o que precisa máis profesorado, máis profesorado especialista en pedagoxía terapéutica e audición e linguaxe, e unha nova praza de orientación educativa. Nas súas peticións solicitan unha resposta inmediata por parte da Xunta de Galiza ante unha situación que consideran “grave e insostíbel”.

A comunidade educativa leva meses mobilizándose e remitindo comunicacións á Consellería de Educación sen que se atendan as súas peticións. Ante esta situación, é preciso que a Consellería de Educación actúe e poña a disposición do centro os recursos necesarios para garantir unha atención educativa de calidade nese centro, tamén reforzando as figuras de profesorado especialista para blindar o dereito á educación do alumnado máis vulnerable.

Etiquetas

educacionies do sar
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

“La IA no sustituye al docente”: Antonio Reyes analiza cómo está cambiando la educación
Actualidad

“La IA no sustituye al docente”: Antonio Reyes analiza cómo está cambiando la educación

Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala
Destacado

Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala

O CPR San Xosé de Cluny acolle este martes o derradeiro ‘Fala que Fala’ da tempada
Destacado

O CPR San Xosé de Cluny acolle este martes o derradeiro ‘Fala que Fala’ da tempada