ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

BNG advirte da ameaza que supón Altri para a declaración do Camiño de Santiago como Patrimonio da Humanidade

Santiago de Compostela, 18 de setembro, 2024.  A portavoz de Cultura do BNG, Mercedes Queixas, advertiu este mércores da “dobre ameaza” que suporía a instalación da macrocelulosa de Altri en Palas de Rei para o alto valor patrimonial, cultural e turístico do Camiño de Santiago. Por unha banda, asegurou, pode afectar á zona de amortecemento deste BIC e, pola outra, pode condicionar a declaración do Camiño como Patrimonio da Humanidade.

Líder Redacción

Líder Redacción

18 de septiembre de 2024 a las 15:48

Compartir

No transcurso dunha pregunta ao Goberno do PP na Comisión de Educación e Cultura, a deputada nacionalista considerou que “a conservación do valor cultural único das paisaxes naturais que os peregrinos contemplaron desde a Idade Media foi determinante para a declaración do Camiño de Santiago como Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1993”.

É por iso que alertou do risco que suporía Altri para o Camiño, pois a declaración da Unesco “podería quedar comprometida polo forte impacto de degradación paisaxística que implica instalar próxima á zona de amortecemento (área de protección arredor dos bens declarados patrimonio da humanidade) unha cheminea de 75 metros e outras 6 chemineas de evaporación de 60 m. de alto e 80 de ancho, cunha ocupación territorial de 10.000 metros cadrados cada unha”.

“Sería unha irresponsabilidade facilitar que isto sucedese no Camiño”, afirmou despois de subliñar que xa hai precedentes de monumentos que foron descatalogados pola Unesco por incumprir a declaración. “Pensa vostede que esta paisaxe con vistas á celulosa é a que procuran os peregrinos no Camiño de Santiago?, preguntou Queixas á directora xeral xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez..

A portavoz de Cultura do BNG aludiu na súa intervención aos estudos científicos que alertan sobre as consecuencias de macrocelulosa e, neste sentido, criticou ao Goberno do PP por intentar “deslexitimar” o informe elaborado polo Consello da Cultura Galega, que conclúe que Altri provocaría unha grave fractura no territorio. “Primeiro ignoraron este órgano estatutario ao non pedirlle informe e logo descualificaron o informe, aos propios membros do Consello e á propia institución”, declarou a deputada nacionalista.

Queixas lamentou ademais que o Executivo do PP empregase a TVG para “manipular a opinión pública, poñendo o director de informativos a ler o argumentario do PP en contra do CCG”, aínda que o “máximo desprezo” polo traballo científico técnico dos especialistas que asinan o informe deste órgano estatutario foi o do presidente da Xunta. “O señor Rueda falou mal do informe, descualificouno e, ademais, despois recoñeceu que nin sequera o leu. Fala por falar”, sostivo a deputada do BNG, que reprobou a “deslealdade institucional nin máis nin menos que dende a cabeza do goberno”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Ao longo da súa intervención a portavoz de Cultura do BNG acusou ao PP de gobernar só en defensa “das empresas das portas xiratorias” como Greenalia, aliada de Altri no proxecto “depredador e espoliador” da macrocelulosa que, apuntou, é unha demostración máis de “até onde está disposto o PP a vender Galiza baixo a maquillaxe do greenwashing e a chantaxe dos postos de traballo fantasma e do futuro condicionado cheo de interrogantes”.

Etiquetas

altribngcamino de santiagopatrimonio da humanidadepoliticaradio lider santiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo
Comarca

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo