ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarcaPolítica

Blas García solicítalle ao presidente da Xunta a construción dunha residencia pública en Ames

Blas García destacou “un dos problemas que empezamos a ter en Galicia é a conciliación das persoas maiores e, polo tanto, xa fixamos o ofrecemento de trasladar á Xunta as parcelas ou a parcela necesaria para facer unha residencia para as persoas maiores aquí no concello”. Ademais, insistiu en que “independentemente de ideoloxías, as Administracións debemos traballar xuntas, con colaboración, porque temos que ter un único obxectivo que é mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas”

Líder Redacción

Líder Redacción

10 de julio de 2025 a las 22:43

Compartir

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, agradeceu a colaboración permanente co Concello, “por apoiar e facilitar a disposición das parcelas nas que a Xunta de Galicia vai construír máis de 200 vivendas públicas”. Ademais, dixo “tomo nota da solicitude feita polo alcalde, e coa obxectividade coa que intentamos emprazar os servizos, voume con este recado que está ben plantexado. Hai que ofrecer os recursos e servizos necesarios para a poboación, e estes son só posibles onde existe colaboración entre administracións”

Ames, 10 de xullo de 2025.- A escola infantil pública Galiña Azul de Bertamiráns acolleu hoxe o acto de peche do curso escolar 2024-2025, ao que acudiron o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; o alcalde de Ames, Blas García; a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García; a delegada da Xunta de Galicia na Coruña, Belén do Campo; e concelleiros e concelleiras do goberno municipal e dos grupos municipais do Partido Popular e de Espazo Común. Trala visita á escola infantil o rexedor municipal agradeceu a celeridade da Xunta para a sinatura do protocolo de cesión de seis parcelas para a construción de vivendas de protección oficial no Milladoiro; e solicitoulle ao presidente da Xunta a construción dunha residencia pública en Ames; unha petición da que Alfonso Rueda dixo tomar nota porque está ben plantexada.

A Xunta de Galicia escolleu a escola infantil pública Galiña Azul de Bertamiráns para realizar esta mañá o acto de peche do curso escolar 2024-2025. A dito acto acudiron o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; o alcalde de Ames, Blas García; a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García; a delegada da Xunta de Galicia na Coruña, Belén do Campo; e concelleiros e concelleiras do goberno municipal e dos grupos municipais do Partido Popular e de Espazo Común. As autoridades da Xunta e do Concello de Ames foron recibidas pola directora do centro, María Victoria Dopazo Míguez, e polo resto de persoal docente da escola infantil.

En primeiro lugar visitaron o patio exterior dos nenos e nenas de 0 a 1 anos, para de seguido trasladarse ao patio onde estaban xogando os nenos e nenas de 1-2 e 2-3 anos. O presidente da Xunta, o alcalde de Ames, e a conselleira de Política Social e Igualdade entregáronlle aos rapaces e rapazas de 2 e 3 anos as orlas de final de curso. De seguido, deuse paso á quenda de intervención na que en primeiro lugar interviu a directora da escola infantil pública Galiña Azul de Bertamiráns,  María Victoria Dopazo Míguez.

Construción de vivenda de protección oficial

A continuación, foi a quenda do alcalde de Ames, Blas García, que puxo en valor o protocolo asinado coa Xunta de Galicia o pasado 20 de xuño para a creación de 218 vivendas de protección oficial no Milladoiro. Deste xeito, póñense a disposición do Instituto Galego da Vivenda e Solo un total de seis parcelas situadas no Milladoiro. En total cédense 6.152 metros cadrados de terreo, que se poden urbanizar, e no que se poden construír 218 vivendas. Estímase que nas cinco parcelas situadas en Galdrachán se van construír 140 vivendas (28 en cada parcela), mentres que na parcela que linda coa rúa dos Agriños construiranse 78 vivendas.

O rexedor municipal dixo que “a sinatura deste protocolo é algo prioritario para un concello coma Ames que ten un incremento demográfico todos os anos e que é dos poucos de Galicia cun saldo vexetativo positivo, polo que é esencial ser referentes en aspectos como nas escolas infantís”.

Construción dunha residencia pública

Blas García tamén destacou “un dos problemas que empezamos a ter en Galicia é a conciliación das persoas maiores e, polo tanto, xa fixamos o ofrecemento de trasladar á Xunta as parcelas ou a parcela necesaria para facer unha residencia para as persoas maiores aquí no concello”. Ademais, insistiu en que “independentemente de ideoloxías, as Administracións debemos traballar xuntas, con colaboración, porque temos que ter un único obxectivo que é mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas”.

Neste senso o Concello de Ames leva tempo traballando para crear infraestruturas que traten de mellorar a calidade de vida da súa veciñanza. Pois iso desta volta preténdese que Ames dispoña dunha das 24 novas residencias que a Xunta vai a construír en Galicia con 1.800 prazas para maiores en concellos de menos de 50.000 habitantes.

Pechou a quenda de intervencións o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, que resaltou que “Ames é un concello moi simbólico en varios aspectos, un deles por ter crecemento vexetativo positivo, un feito que hai que favorecer e potenciar ofertando os servizos axeitados para a súa poboación, como poden ser apoiar ás escolas infantís ou a creación de vivenda pública”. Neste senso, agradeceu a colaboración permanente co Concello, “por apoiar e facilitar a disposición das parcelas nas que a Xunta de Galicia vai construír máis de 200 vivendas públicas”.

Ademais, o presidente da Xunta engadiu “estamos facendo tamén un centro educativo  no Milladoiro que vai ser referente, e todo o que fai falta para unha poboación que se establece nun concello no que existen servizos. Tomo nota da solicitude feita polo alcalde, e coa obxectividade coa que intentamos emprazar os servizos, voume con este recado que está ben plantexado. Hai que ofrecer os recursos e servizos necesarios para a poboación, e estes son só posibles onde existe colaboración entre administracións”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Etiquetas

amesresidenciaxunta
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación