ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarca

Autorizada a repoboación parcial da Carballeira de Santa Minia en Brión

 

Líder Redacción

Líder Redacción

9 de febrero de 2024 a las 21:04

Compartir

 

 

  • Atende a solicitude do Concello de Brión de retirar as árbores enfermas e a terra contaminada sobre a que se asentan, emprazadas na zona sur do predio, a carón da Casa da Cultura
  • Técnicos municipais procederon esta mañá a marcar as árbores analizadas e que non teñen cura posible. Serán retiradas nas próximas semanas

9 de febreiro de 2024.- O Concello de Brión deu hoxe o primeiro paso de cara á repoboación parcial da Carballeira de Santa Minia, unha vez que a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia vén de autorizar a retirada dunha serie de árbores e da terra sobre a que se asentan, emprazadas na zona sur do predio, é dicir, na contorna da Casa da Cultura brionesa. O concelleiro de Medio Rural e Obras Públicas, José Antonio Vidal González, acompañou esta mañá a Alfonso Touceda, especialista en xardinería, e a Alberto Fungairiño, arquitecto municipal, na sinalización das árbores que serán retiradas nas próximas semanas.

Vidal González fixo fincapé en que “estas árbores foron analizadas por distintos especialistas de distintos centros de Galicia e todos conclúen o mesmo: que están afectadas por distintos fungos de raíz e de madeira e, especialmente por Armillaria mellea, unha enfermidade mortal para estes carballos e que non ten cura posible”. De feito, a Armillaria mellea provoca a putrefacción do sistema radicular e, en consecuencia, a morte da árbore por inanición ao non poder absorber nin a auga nin os nutrintes do chan.

José Antonio Vidal explica que “nas próximas semanas, dependendo das condicións climatolóxicas, imos proceder a retirar tanto os carballos como toda a terra que hai actualmente na zona sur, pois tamén está contaminada por Armillaria. Xa temos reservados nun viveiro 8 exemplares de carballo e terra nova para plantalos o antes posible”. Estes oito novos exemplares, de 3 metros de altura, plantaranse de xeito que teñan luz suficiente e fagan copas abertas.

Repoboación parcial

A autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural foille comunicada o pasado mércores 7 de febreiro ao Concello de Brión, dando resposta á autorización solicitada en decembro de 2023. O Consello Territorial de Patrimonio Cultural de Galicia da Coruña, reunido en sesión do 29 de xaneiro de 2024, analizou a documentación achegada polo Concello brionés, entre a que figuraba:

  • Informe asinado polo arquitecto municipal do Concello de Brión
  • Informe sobre o estado da Carballeira de Santa Minia asinado polo especialista en xardinería Alfonso Touceda Abelleira
  • Informe de resultado de analíticas asinado pola xefa de servizo da Estación Fitopatolóxica de Areeiro.

O Consello Territorial de Patrimonio Cultural de Galicia da Coruña fai fincapé no informe emitido pola Estación Fitopatolóxica de Areeiro no que “destaca a gravidade da Armillaria mellea debido a que non existe ningún tratamento para curala, sendo esta ademais unha enfermidade que se transmite ás árbores próximas ás afectadas polo solo”. Ademais de informar favorablemente ás obras solicitadas polo Concello de Brión, a Comisión tamén solicita que, unha vez estean finalizados os traballos, se lle remita unha memoria final.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Paralelamente, o Concello de Brión procederá á análise do resto de árbores que integran a Carballeira de Santa Minia coa finalidade de coñecer o seu estado sanitario actual de cara a tomar unha decisión de como proceder con elas.

Etiquetas

brioncarballeira
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre ofrece cursos de piragüismo para maiores de 8 anos
Deportes

O Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre ofrece cursos de piragüismo para maiores de 8 anos

A Romaría de Santa Minia, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia
Comarca

A Romaría de Santa Minia, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia

Doloroso minuto de silencio en Brión
Comarca

Doloroso minuto de silencio en Brión

Traxedia en Brión: falece unha nena de dous anos esquecida no coche
Destacado

Traxedia en Brión: falece unha nena de dous anos esquecida no coche