ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacado

Así será o novo transporte que prepara Santiago: 67 buses, máis frecuencias e servizo nocturno

Líder Redacción

Líder Redacción

2 de junio de 2025 a las 19:05

Compartir
  • O Goberno licitará o transporte público como un contrato de servizos, e non como unha concesión como estaba previsto, atendendo as resolucións da ONE noutras localidades de todo o Estado e desde a premisa de que “o transporte debe ser considerado un servizo público fundamental e non un negocio”. Anunciárono hoxe a alcaldesa, Goretti Sanmartín, e o concelleiro de Mobilidade, Xan Duro, nunha rolda de prensa na que explicaron que o procedemento de licitación poderá comezar nos próximos días, en canto os departamentos técnicos municipais informen favorablemente o expediente que non terá que ser remitido á Oficina Nacional de Evaluación.

A alcaldesa lembrou que a licitación do transporte público “é un procedemento enormemente complexo, tal e como vimos en anteriores intentos frustrados, e cheo de dificultades que non son exclusivas de Compostela”. Por iso, explicou, “fixemos un exercicio de mirar a outras cidades, co obxectivo de avanzar nesta licitación coa maior seguridade xurídica”. Goretti Sanmartín apuntou que neste proceso de análise, o Concello de Santiago avaliou diferentes sentenzas xudiciais e tamén resolucións da ONE de finais de 2024 e dos primeiros meses de 2025, “e atendendo ás súas recomendacións optamos por mudar a licitación, renunciando ao modelo da concesión para facer un contrato de servizos”. A rexedora explicou que a primeira consecuencia desta mudanza será que o Concello poderá iniciar a licitación sen remitir a documentación á Oficina Nacional de Evaluación. Ademais, apuntou, “poderemos manter o mellor servizo para a veciñanza, cun ambicioso deseño das liñas, con máis frecuencias e servizos nocturnos, e cunha mellor atención ao rural, desde o convencemento de que o transporte non debe ser un negocio, senón un servizo público para axudar a construír unha Compostela mellor”.

Un servizo público fundamental e accesible

O concelleiro de Mobilidade, Xan Duro, explicou que nos últimos meses a ONE emitiu varias resolucións negativas ao respecto de procedementos de licitación do tranporte público en diferentes localidades do Estado, sinalando que esas licitacións, baixo o modelo da concesión, non suporían risco operacional para o contratista. Nos seus pronunciamentos, a Oficina Nacional de Evaluación sinala dúas alternativas para viabilizar as licitacións: ben artellalas como un contrato de servizos, ou ben buscar fórmulas para incrementar o risco operacional, fundamentalmente recortando as achegas públicas ao servizo.

Xan Duro defendeu que a decisión do Goberno de Santiago “é reformular a licitación para apostar por un contrato de servizos, mantendo a achega pública que tiñamos prevista porque entendemos que o transporte non pode ser tratado como un negocio máis, senón como un servizo público fundamental para termos unha mobilidade máis sostible, rebaixar o uso do vehículo privado, e gañar máis espazo urbano para as persoas”.

O concelleiro de Mobilidade explicou que a achega municipal ao servizo, estimada inicialmente en 8 millóns de euros anuais, “é imprescindible para que as numerosas melloras previstas no contrato non repercutan nas tarifas que pagan as persoas usuarias, porque a nosa vontade é que este sexa un servizo accesible para a veciñanza”. Neste sentido, lembrou que “a renovación e ampliación da frota ata os 67 autobuses, as liñas alimentadoras do rural, os buses nocturnos, ou as maiores frecuencias teñen un custo elevado, que sen a achega municipal terían que traducirse nun incremento notable dos prezos que pagan os e as viaxeiras”. Optando polo contrato de servizos e polo tanto por manter a achega pública, a estimación inicial é que o prezo do billete no bono ordinario, a modalidade utilizada por máis do 50% das usuarias, suba só 3 céntimos, dos 0,60 euros actuais a 0,63.

Ademais, Xan Duro apuntou que o contrato de servizos “outórgalle ao Concello unha maior capacidade de control do servizo da que tería cunha concesión, e mesmo deixa máis marxe para adaptalo á evolución da propia cidade”. Neste sentido, lembrou que unha das eivas do actual modelo “é que non hai capacidade para facer grandes cambios no deseño das liñas, ainda cando xa non responden ás necesidades dunha cidade que foi medrando”.

A alcaldesa e o concelleiro de Mobilidade explicaron que o cambio do modelo de licitación non suporá mudanzas nas grandes cifras do contrato, que segue tendo un importe base de licitación que ronda os 137 millóns de euros e que se formula como un contrato a 13 anos.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Goretti Sanmartín agradeceu a implicación dos diferentes departamentos municipais, do persoal técnico e de Tussa neste contrato “que é un dos grandes retos que ten por diante este Goberno e co que conseguiremos ter un servizo de transporte público acaído ás necesidades de Santiago e da súa veciñanza”.

Etiquetas

bus urbanocompostelasantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago
Actualidad

A Asociación do Traxe Galego celebrará o Día das Letras cun desfile polas rúas de Santiago

A solución ás gárgolas do Hostal: «Poderían quedar como quimeras e buscar unha canalización interna»
Destacado

A solución ás gárgolas do Hostal: «Poderían quedar como quimeras e buscar unha canalización interna»

Denuncian que a ‘desorganización’ no CHUS retrasa probas esenciais a unha paciente oncolóxica
Actualidad

Denuncian que a ‘desorganización’ no CHUS retrasa probas esenciais a unha paciente oncolóxica

Santiago acolle este domingo unha mobilización nacional pola visibilidade trans
Actualidad

Santiago acolle este domingo unha mobilización nacional pola visibilidade trans