ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarca

As obras da depuradora de Urdilde (Rois) estarán rematadas no verán

Líder Redacción

Líder Redacción

30 de abril de 2024 a las 18:08

Compartir
  • Ramón Tojo estivo acompañado da tenente de alcalde, Mercedes Basante, e do xefe de obra de Proyecon Galicia, Ignacio Rivas

Rois. 30-4-2024. Os traballos de construción da nova depuradora de Urdilde marchan a bo ritmo e rematarán este verán. O peche perimetral de pedra está acabado e Proyecon Galicia xa comezou co recheo da zona e o acondicionamento no terreo exterior ao muro, segundo puido comprobar onte o alcalde, Ramón Tojo, na visita que fixo ás obras, que contan cun investimento da Xunta de Galicia de 819.030 euros.

O xefe de obra da empresa adxudicataria, Ignacio Rivas, e Santiago Tirado (da asistencia técnica de Augas de Galicia) explicáronlle a Ramón Tojo e a tenente de alcalde, Mercedes Basante, o estado actual dos traballos e as actuacións que se acometerán durante as vindeiras semanas. Rematado o recheo interior do recinto, colocaranse os biodiscos, os depósitos de PRFV e o resto de instalacións, para deixar rematada a obra no verán, como se contemplou dende un principio.

Na visita ás obras estiveron tamén presentes o ex tenente de alcalde, Manuel dos Santos, e o encargado da obra, Marcos Garrido.

A nova depuradora de augas residuais de Urdilde dará servizo ao núcleo da Calle, contribuíndo ao coidado medio ambiental da zona. A EDAR está preparada para conectar toda a parroquia á rede de saneamento.

Ademais da propia EDAR, as obras proxectadas contemplan tamén a construción de 519 metros de colector dende a actual depuradora ata a arqueta de entrada das novas instalacións e o acondicionamento do acceso ás mesmas.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Estas actuacións enmárcase no convenio de colaboración asinado co Concello de Rois, polo que a Xunta achegará o 80% do investimento e encárgase da execución das obras; e o Concello financia o 20% restante e asumirá as xestións para posibilitar os traballos, a recepción, mantemento e conservación da infraestrutura hidráulica unha vez remata. As obras contan coa financiación da Unión Europea, no marco do eixe REACT UE do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da covid-19.

Etiquetas

depuradoraradio lider santiagorois
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol
Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol

La Guardia Civil interviene cientos de dosis de heroína y miles de marihuana en Rois
Actualidad

La Guardia Civil interviene cientos de dosis de heroína y miles de marihuana en Rois