ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

DestacadoSociedad

“As mulleres poden!” será a lenda da campaña do 25N en Frades

Líder Redacción

Líder Redacción

20 de noviembre de 2023 a las 12:33

Compartir
  • Brais Novoa, Fabián González e José Martínez , de 1º da ESO do IES de Ponte Carreira, elaborar hoxe un graffiti no muro exterior do pavillón polideportivo de Abellá coa imaxe da campaña deste ano

17 de novembro de 2023.- A lenda “As mulleres poden!” é a escollida este ano para protagonizar a campaña municipal do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, do Concello de Frades. Unha proposta realizada por Brais Novoa, Fabián González e José Martín, de 1º da ESO do IES de Ponte Carreira, que gañaron o concurso no que tomou parte o alumnado do instituto.

Finalmente o xurado, integrado por profesorado do IES e técnicas municipais, escolleu a proposta de Brais, Fabián e José que, ademais de ser recollida en camisetas, adhesivos e carteis, tamén será inmortalizada nun graffiti no polideportivo municipal de Abellá. Un debuxo que comezaron a elaborar esta mañá, co apoio do concelleiro de Ensino, Manuel Ferreiro Marzoa, quen este xoves 23 de novembro presentará esta campaña a todo o alumnado do IES de Ponte Carreira.

No seu graffiti inclúense dúas mensaxes a maiores: “Ti podes decidir o teu futuro” e “Nin home nin muller. Non á discriminación. Todos xuntos polo infinito”, esta última sobre un símbolo do infinito matemático mesturado coas iconas de home e muller.

Resto da programación

A programación do Concello de Frades para este 25N completarase coa instalación dunha mesa informativa no Concello mañá martes 21 de novembro, onde se repartirá material informativo para sensibilizar á veciñanza sobre a eliminación da violencia contra a muller.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Finalmente, o venres 24 de novembro repartiranse camisetas co debuxo e a lenda “As mulleres poden!” entre todos os nenos e nenas do CPI de Ponte Carreira, mentres que o alumnado de infantil e primaria desfrutará do espectáculo “Pola igualdade dende a maxia”, da maga Leo Leíño. Un show no que, a través de xogos, danse a coñecer as persoas que loitaron polos dereitos da muller co obxectivo de que, como Houdini, todas as mulleres se liberen das cadeas que lles quitan a liberdade. A programación especial do 25N rematará ás 13:00 horas coa lectura dun manifesto diante da Casa do Concello.

Etiquetas

25Nfrades
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

A Gala de Ximnasia Rítmica de Frades reúne a 155 nenas de distintos puntos de Galicia
Deportes

A Gala de Ximnasia Rítmica de Frades reúne a 155 nenas de distintos puntos de Galicia

Frades celebra a nova senda peonil entre Ponte Carreira e Aiazo tras 15 anos de espera
Comarca

Frades celebra a nova senda peonil entre Ponte Carreira e Aiazo tras 15 anos de espera

A XII Festa da Filloa de Abellá repartiu máis de 400 menús de filloas, caldo, rixóns e lacón
Comarca

A XII Festa da Filloa de Abellá repartiu máis de 400 menús de filloas, caldo, rixóns e lacón

A parroquia de Abellá, en Frades, celebra este sábado a XII Festa da Filloa
Comarca

A parroquia de Abellá, en Frades, celebra este sábado a XII Festa da Filloa