ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadArte y CulturaSociedad

As Festas do Entroido de Santiago comezan este sábado co desfile do Meco e o pregón do Coro da Ra

Un Meco convertido en ‘Mecosur’ en defensa do sector agrario, acompañado polos Conformistas de Conxo, A Ruliña de Laraño Os Armatroulas de Laraño e a charanga BB+, dará este sábado a benvida ao Entroido compostelán, nun desfile que partirá da praza de Cervantes ás 20.00 horas ata quedar instalado no Pazo de Bendaña da praza do Toural, dende onde terá lugar o pregón de inicio das festas a cargo do Coro da Ra.

Líder Redacción

Líder Redacción

13 de febrero de 2026 a las 16:16

Compartir

O desfile do Meco, obra do artista José Manuel Méndez, que nesta ocasión representa o Mercosur sentado sobre Galicia esmagándoa, parte ás oito da tarde deste sábado 14 de febreiro da praza de Cervantes para percorrer a rúa Nova e a rúa do Vilar ata chegar á praza do Toural.

Unha vez subido o Meco ao balcón do Pazo de Bendaña, sobre as oito e media, dará inicio o pregón. Será o Coro da Ra quen inaugure estas Festas do Entroido 2026 e segundo avanzou o seu director, Ramón Bermejo, farao cun texto reivindicativo e transgresor salpicado de intervencións do coro.

Festival infantil de disfraces e animación nas rúas

O domingo 15 haberá animación de rúa ao longo de toda a mañá (de 10.30 a 14.00 horas) a cargo da comparsa Os Conformistas de Conxo,nun percorrido que irá do Centro de Maiores de Conxo á rúa do Franco. O mesmo día, o Obradoiro de Cultura Tradicional (OCT) Ultreia levará o Entroido de Mazaricos ás prazas do Toural (12.00 horas), Praterías (12.30h) e Cervantes (13.00h).

Na tarde do domingo o protagonismo será para os máis pequenos. A Sala Capitol acollerá o festival infantil de disfraces dende as 17.00 horas, con animación, baile, sorteo de agasallos e concurso de disfraces con premios xentileza de El Corte Inglés. A entrada é libre e poden participar rapazas e rapaces de ata 14 anos.

Tamén na tarde do domingo, a charanga Os Bandiños e a comparsa A Ruliña de Laraño animarán as rúas da zona vella.

O luns 16 a Charanga TNT e os Armatroulas de Laraño sairán ás 18.00 horas da praza Roxa para rematar en San Pedro ás 20.00 horas, mentres a Fanfarria Farruxa e a Comparsa de Maruxas e Coralias fan nun percorrido circular polo casco vello dende praza de Salvador Parga.

Martes de Entroido

O día central do Entroido, o martes 17 de febreiro, poderase gozar do agardado desfile nunha xornada que este ano é festiva. Carrozas, comparsas e charangas concentraranse ás 16.30 horas na avenida de Ferrol, para saír ás 17.30 horas en dirección a Frei Rosendo Salvado, praza Roxa, rúa da República do Salvador, rúa do Hórreo, rúa da Senra e avenida de Xoán Carlos I. O desfile conlevará modificacións no tráfico e no transporte urbano.

Rematado o percorrido, os participantes concentraranse na Sala Capitol, onde ás 20.00 horas actuará a Charanga Ardores e ás 21.00 horas comenzará a entrega de premios.

O día seguinte, o mércores 18, toca despedir o Entroido coa tradicional queima do Meco ás 21.00 horas na praza Roxa. Alí será levado pola comitiva fúnebre que sairá ás 20.00 horas do Toural, formada pola Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos, Os Conformistas de Conxo, A Ruliña de Laraño, Os Armatroulas de Laraño e a Charanga BB+.

Tamén o mércores, haberá bailes de Entroido de Muros, Noia e Costa da Morte, a cargo da Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos. Será ás 18.00 horas en Cervantes e ás 18.45 horas en Praterías.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A programación complétase co Entroido tradicional dos Xenerais da Ulla que o sábado 21 protagonizará o desfile das Xeneraliñas da Semente e co Entroido de Conxo que ofrecerá unha amplo programa de actividade ao longo de toda esa xornada.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.