ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarca

Arzúa recibe este venres a visita do Reis Magos

Mércores, 3 de xaneiro de 2024. O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que a esperada Cabalgata de Reis, dentro da programación de Nadal, celebrarase este venres, día 5 de xaneiro, cun programa de actos que se desenvolverá durante toda a tarde.

Líder Redacción

Líder Redacción

3 de enero de 2024 a las 14:18

Compartir

Os Reis Magos e a súa comitiva chegarán a Arzúa ás 16:30h da tarde para comezar a súa estadía no noso municipio facendo unha visita ás persoas maiores da Residencia San José.

Unha hora máis tarde, as 17:30h, comezará o desfile que contará con tres carrozas para os Reis e os seus paxes. Ademais, a comitiva estará acompañada por música en directo e por paxes a cabalo en colaboración coa Asociación O Estribo que conducirán o percorrido ata rematar no Multiusos Terra do Queixo coa recepción e o reparto de agasallos. As Súas Maxestades traerán moreas de caramelos e lambetadas sen glute e feixes de libros para seguir fomentando en Arzúa a lectura e o uso da nosa lingua dentro da campaña municipal Arzúa Conta. Paralelamente, o Multiusos Terra do Queixo, lugar onde se desenvolverá a recepción a todas as nenas e nenos, contará con diversas actividades e obradoiros de balde de 17:00 a 21:00h.

O percorrido marcado polo Departamento de Cultura para a Cabalgata sairá dende a Casa da Cultura e pasará polas seguintes rúas: Santiago, Praza de Galiza, Avenida de Lugo, Fraga do Rei, Ramón Franco, Xosé Neira Vilas, Praza de San Xoán e regresará pasando de novo polas rúas Xosé Neira Vilas e Ramón Franco para dirixirse ao Multiusos Terra do Queixo pola Padre Pardo. En caso de mal tempo, o percorrido polas rúas quedará cancelado.

O concelleiro de Cultura, José Luís García, anima á veciñanza “a participar na Cabalgata para vivir xuntos e xuntas como pobo unha xornada cargada de ilusión na que especialmente a concellaría que dirixo invirte moito esforzo e recursos”.

Etiquetas

arzuacomarcareis magos
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Arzúa recuperará a memoria das mulleres represaliadas durante a Guerra Civil e a ditadura
Sin Categoría

Arzúa recuperará a memoria das mulleres represaliadas durante a Guerra Civil e a ditadura

Arzúa volverá promocionar todo o seu potencial turístico na Semana Verde de Galicia
Comarca

Arzúa volverá promocionar todo o seu potencial turístico na Semana Verde de Galicia

Begoña Balado, concelleira de Turismo: “A II BTT Arzúa Destino Verde foi unha festa do cicloturismo”
Actualidad

Begoña Balado, concelleira de Turismo: “A II BTT Arzúa Destino Verde foi unha festa do cicloturismo”

A Marcha Cicloturista BTT Arzúa Destino Verde consolídase cunha exitosa segunda edición
Comarca

A Marcha Cicloturista BTT Arzúa Destino Verde consolídase cunha exitosa segunda edición