ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Arzúa presume do seu queixo en Alemaña

Arzúa, 7 de maio de 2025. Como mostra do compromiso continuo co fortalecemento dos lazos internacionais e coa memoria da emigración galega, o Concello de Arzúa realizou a semana pasada unha visita institucional a Niedereschach, localidade situada no corazón da Selva Negra alemá, coa que mantén un irmandamento activo desde o ano 2002.

Líder Redacción

Líder Redacción

8 de mayo de 2025 a las 18:35

Compartir

Daniel Moscoso, concelleiro de Xuventude e Mocidade, foi o encargado de representar ao Concello durante a visita, na que estivo acompañado pola Rondalla Moraima e por membros da Asociación de Amigos de Niedereschach. Ao longo da estadía mantiveron encontros coa corporación local alemá e con representantes galegos da zona.

O primeiro grande movemento migratorio de veciños e veciñas de Arzúa cara a Niedereschach produciuse na década dos 60, cando moitas persoas decidiron emprender camiño cara Alemaña na procura dun futuro mellor. A hospitalidade da comunidade alemá e a capacidade de integración e traballo das galegas e galegos fixeron posible unha convivencia exemplar que, con este irmandamento, se converteu nun símbolo de fraternidade entre pobos.

“Houbo unha xeración que tivo que marchar porque na Galiza non había traballo. Fíxoo coa pena de deixar todo atrás, pero tamén coa forza de quen aspira a construír unha vida mellor. Temos a reputación de ser un pobo traballador e resiliente, algo que me trasladou o alcalde de Niedereschach. Como concelleiro de Xuventude e Mocidade, só espero que, na actualidade, se a xuventude arzuá decide emigrar, o faga por elección e non por necesidade, como lles pasou aos nosos devanceiros.” — Daniel Moscoso, concelleiro de Xuventude e Mocidade.

A visita serviu tamén para abrir novas vías de colaboración en ámbitos como a cultura, o turismo e a promoción económica. Neste sentido, o Concello aproveitou para dar a coñecer fóra das nosas fronteiras o Queixo de Arzúa-Ulloa, produto emblemático e sinal de identidade do municipio, como exemplo do potencial gastronómico e económico da comarca.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

“O noso queixo é un símbolo do que somos: un concello con raíces, que traballa por conservar a súa cultura, que o fai sempre antepoñendo a calidade e que atesoura a súa tradición con orgullo. Levalo a fóra é dicir: isto é Arzúa, isto é Galiza. Queremos que en Alemaña e no resto de Europa se saiba que Arzúa ten un produto de prestixio. Viaxes como esta axúdannos a abrir portas, conectar culturas e facer do noso concello un referente tamén máis alá das nosas fronteiras. Nese senso, estamos moi satisfeitos coa visita, pois serviu para estreitar relacións comerciais e culturais entre ambas localidades. Abrir Arzúa ao mundo” — concluíu Daniel Moscoso.

Etiquetas

arzuaqueixo
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Arzúa recuperará a memoria das mulleres represaliadas durante a Guerra Civil e a ditadura
Sin Categoría

Arzúa recuperará a memoria das mulleres represaliadas durante a Guerra Civil e a ditadura

Arzúa volverá promocionar todo o seu potencial turístico na Semana Verde de Galicia
Comarca

Arzúa volverá promocionar todo o seu potencial turístico na Semana Verde de Galicia

Begoña Balado, concelleira de Turismo: “A II BTT Arzúa Destino Verde foi unha festa do cicloturismo”
Actualidad

Begoña Balado, concelleira de Turismo: “A II BTT Arzúa Destino Verde foi unha festa do cicloturismo”

A Marcha Cicloturista BTT Arzúa Destino Verde consolídase cunha exitosa segunda edición
Comarca

A Marcha Cicloturista BTT Arzúa Destino Verde consolídase cunha exitosa segunda edición