ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Arzúa presentou o cartel e a imaxe gráfica do 50º aniversario da Festa do Queixo

Un tributo visual ás queixeiras, aos visitantes, as traballadoras e traballadores e ao pasado, e presente e futuro da Festa do queixo e a súa tradición. A muller queixeira como protagonista: simbolismo, tradición e esforzo nos carteis da 50.ª edición.

Líder Redacción

Líder Redacción

18 de diciembre de 2024 a las 20:25

Compartir

A Queixería Barral foi o escenario elixido para a presentación dos cinco novos carteis conmemorativos da Festa do queixo, un evento emblemático que celebra este ano o seu 50 aniversario. Os carteis, elaborados cunha técnica de ilustración que utiliza unha paleta de cores vivas, renden homenaxe ás mulleres queixeiras e a todas as persoas que, desde as súas orixes, traballaron pola festa e o recoñecemento do queixo de Arzúa ou participaron dela.

O deseñador, Daniel Camino, explica que o cartel principal destaca a figura feminina da queixeira, vestida con traxe tradicional e portando un queixo que simboliza o esforzo, a dedicación e o orgullo destas mulleres que foron fundamentais na historia da festa. A imaxe, cargada de simbolismo, pon no centro á muller traballadora, reflectindo o papel crucial que estas figuras desempeñan no ámbito rural e na conservación da tradición queixeira galega.

Un elemento común en todos os carteis é un círculo que aparece no fondo, evocando tanto ao sol como ao queixo. Este círculo non só representa a enerxía vital que se transmite na festa, senón que tamén é unha homenaxe aos fundadores e a todas as persoas que fixeron posible que a Festa do Queixo perdurase durante medio século. É unha forma de render tributo ás xeracións pasadas, presentes e futuras que continúan facendo crecer a tradición do queixo en Galicia.

A inspiración visual dos carteis provén da obra de recoñecidos artistas galegos como Luis Seoane, Maruxa Mallo e Xosé Vizoso, cuxas influencias se reflicten no uso de cores brillantes e trazos marcados que evocan o dinamismo e a riqueza cultural de Galicia. A tipografía seleccionada tamén se basea no legado das letras galegas tradicionais, lembrando os trazos de Castelao, a forza gráfica de Sargadelos de Díaz Pardo e o deseño contemporáneo de Rubén Prol, fusionando o pasado e o presente nun estilo visual único e contemporáneo.

Cada un dos cinco carteis honra a diferentes grupos da comunidade: as produtoras de queixo, as artistas, os visitantes, as traballadoras e os traballadores, e as xeracións que foron parte activa da celebración. Con estes carteis, o Concello de Arzúa quere transmitir unha mensaxe de respecto pola tradición, a cultura e o esforzo colectivo que converteu á Festa do queixo nunha das festividades máis importantes de Galicia.

Interviron:

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →
  • Xoán Xesús Carril, alcalde do Concello de Arzúa
  • Lucía López, concelleira de Igualdade e Normalización linguística
  • Daniel Camino, deseñador gráfico, autor da identidade corporativa e da nova marca da festa do queixo.

Ao remate tivo lugar unha degustación de queixo DOP Arzúa-Ulloa.

Etiquetas

arzuafesta do queixo
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Arzúa recuperará a memoria das mulleres represaliadas durante a Guerra Civil e a ditadura
Sin Categoría

Arzúa recuperará a memoria das mulleres represaliadas durante a Guerra Civil e a ditadura

Arzúa volverá promocionar todo o seu potencial turístico na Semana Verde de Galicia
Comarca

Arzúa volverá promocionar todo o seu potencial turístico na Semana Verde de Galicia

Begoña Balado, concelleira de Turismo: “A II BTT Arzúa Destino Verde foi unha festa do cicloturismo”
Actualidad

Begoña Balado, concelleira de Turismo: “A II BTT Arzúa Destino Verde foi unha festa do cicloturismo”

A Marcha Cicloturista BTT Arzúa Destino Verde consolídase cunha exitosa segunda edición
Comarca

A Marcha Cicloturista BTT Arzúa Destino Verde consolídase cunha exitosa segunda edición