ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarcaSociedad

Arzúa pon en marcha o programa Coñece o teu país con catro excursións para este verán

Líder Redacción

Líder Redacción

18 de junio de 2024 a las 11:12

Imaxe dunha das excursións da edición de 2023

Compartir
  • Ares, O Saviñao, Pontevedra e Monterrei son os lugares elexidos nesta edición na que se ofrecen 440 prazas de balde

Martes, 18 de xuño de 2024. O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza unha nova edición do programa de excursións Coñece o teu país. A iniciativa regresa con catro novas visitas a diferentes lugares da xeografía galega ao longo dos meses estivais, de xuño a setembro, de maneira totalmente gratuíta.

A primeira delas será o vindeiro sábado día 29 de xuño á provincia da Coruña. A viaxe será ás localidades de Mugardos e Ares na que se realizará unha visita ao Museo Caldoval. Un proxecto museográfico ubicado en Mugardos que pon en valor o xacemento romano descuberto na enseada de Santa Lucía. Ata agora trátase dos únicos baños privados con palestra descubertos en todo o noroeste peninsular. Un complexo dedicado á hixiene, á saúde, ao ocio e probablemente tamén á práctica deportiva que formaba parte dunha villa habitada entre o século I e o V, en época do Imperio Romano. A xornada completarase cun paseo guiado pola vila de Mugardos e tempo para xantar e gozar dunha tarde de praia en Ares.

A segunda excursión correspondente á provincia de Lugo que se celebra en xullo, será o día 27. Nesta ocasión o destino elexido será o municipio de O Saviñao para visitar a igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño, a de Santa María de Seteventos e o Dolmen de Abuime. As dúas restantes serán o sábado 31 de agosto á cidade de Pontevedra e, xa para rematar este ano, realizarase unha saída a Monterrei na provincia de Ourense o sábado 28 de setembro.

Segundo se indica dende o Departamento de Cultura, todas as persoas interesadas en participar no programa deberán inscribirse na Oficina de Cultura e Deportes, podendo anotar como máximo a un acompañante por cada solicitante. As prazas dispoñibles iranse cubrindo por orde de inscrición, sendo as mesmas limitadas.

Todas aquelas persoas que desexen apuntarse á primeira viaxe organizada para o vindeiro 29 de xuño a Mugardos e a Ares, poden facelo completamente de balde a partir deste venres, 21 de xuño, entre as 8:30 e as 14:00 horas.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Lembren que a Oficina de Cultura e Deportes está situada no edificio sociocultural María Mariño, na rúa Padre Pardo nº 33, no 1º andar (ao carón de Radio Arzúa).

Etiquetas

arzuacoñece o teu paisexcursiónsradio lider santiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Arzúa recuperará a memoria das mulleres represaliadas durante a Guerra Civil e a ditadura
Sin Categoría

Arzúa recuperará a memoria das mulleres represaliadas durante a Guerra Civil e a ditadura

Arzúa volverá promocionar todo o seu potencial turístico na Semana Verde de Galicia
Comarca

Arzúa volverá promocionar todo o seu potencial turístico na Semana Verde de Galicia

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock