ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolíticaSociedad

En marcha a campaña “Arzúa, o teu mellor agasallo de Nadal” con 3.000 euros en premios

Líder Redacción

Líder Redacción

15 de diciembre de 2025 a las 09:57

Compartir
  • A iniciativa, impulsada pola Concellería de Turismo, Promoción Económica que dirixe Begoña Balado, desenvolverase entre o 15 de decembro e o 15 de xaneiro para incentivar as compras no comercio local

O Concello de Arzúa pon en marcha a partir deste luns 15 de decembro a terceira edición da campaña “Arzúa, o teu mellor agasallo de Nadal”, unha iniciativa dirixida a fomentar as compras no comercio local durante a campaña de Nadal e que se consolida tras o éxito acadado nas dúas edicións anteriores.

A campaña está organizada pola Concellería de Promoción Económica, Comercio e Consumo, en colaboración coa Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa (AECA) e ABANCA, e inclúe o sorteo de 3.000 euros en premios, repartidos en 50 tarxetas regalo para gastar exclusivamente nos establecementos de AECA.

50 tarxetas regalo para mercar no comercio local

En concreto, sortearanse 10 tarxetas regalo de 100 euros e 40 tarxetas de 50 euros entre todas as persoas maiores de idade que realicen compras por importe superior a 30 euros nos comercios adheridos á campaña.

Para participar, as persoas consumidoras deberán escribir no reverso do tícket de compra o nome e apelidos, DNI e número de teléfono, e depositalo nas urnas habilitadas nos establecementos participantes entre o 15 de decembro e o 15 de xaneiro.

A concelleira de Turismo, Promoción Económica e Acción Urbana, Begoña Balado, anima á cidadanía a sumarse a esta iniciativa: “Con esta campaña queremos animar á veciñanza a mercar no comercio local nestas datas tan importantes. Apostar polos establecementos de Arzúa é apostar pola economía local, polo emprego e pola vida do noso concello”, sinala.

Balado destaca tamén a boa acollida das edicións anteriores: “As dúas campañas anteriores demostraron que esta iniciativa funciona moi ben e conta cunha resposta moi positiva. Por iso animamos a todas as persoas a participar e a facer do comercio local o mellor agasallo deste Nadal”.

A campaña estará vixente do 15 de decembro de 2025 ao 15 de xaneiro de 2026. O sorteo celebrarase o 16 de xaneiro de 2026, ás 12:00 horas, no Salón de Plenos do Concello de Arzúa.

A listaxe das persoas premiadas publicarase o 20 de xaneiro na web municipal, nas redes sociais e no taboleiro de anuncios do Concello.

As bases completas da campaña poden consultarse na páxina web do Concello de Arzúa, www.arzua.gal.

Desde a Concellería de Promoción Económica, Comercio e Consumo anímase á cidadanía a participar nesta campaña e apostar polo comercio local, contribuíndo así ao mantemento do tecido empresarial, á dinamización económica e á vida social do municipio.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Etiquetas

AECAarzuaArzúa o teu mellor agasallo de nadalbegoña baladoconcelleira de Turismo de Arzúa
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Arzúa recuperará a memoria das mulleres represaliadas durante a Guerra Civil e a ditadura
Sin Categoría

Arzúa recuperará a memoria das mulleres represaliadas durante a Guerra Civil e a ditadura

Arzúa volverá promocionar todo o seu potencial turístico na Semana Verde de Galicia
Comarca

Arzúa volverá promocionar todo o seu potencial turístico na Semana Verde de Galicia

Begoña Balado, concelleira de Turismo: “A II BTT Arzúa Destino Verde foi unha festa do cicloturismo”
Actualidad

Begoña Balado, concelleira de Turismo: “A II BTT Arzúa Destino Verde foi unha festa do cicloturismo”

A Marcha Cicloturista BTT Arzúa Destino Verde consolídase cunha exitosa segunda edición
Comarca

A Marcha Cicloturista BTT Arzúa Destino Verde consolídase cunha exitosa segunda edición