ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Arte y CulturaDestacadoPolíticaSociedad

Arzúa lanza o programa ‘Galeguízate!’ en defensa da nosa lingua

Líder Redacción

Líder Redacción

15 de noviembre de 2023 a las 16:11

Compartir
  • O vindeiro venres, 17 de novembro, no IES de Arzúa dirixido ao alumnado de 2º de Bacharelato terá lugar a primeira actividade: a presentación do libro colectivo “A lingua en futuro: a mocidade imaxina o 2050”

Arzúa, 15 de novembro de 2023.- A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Arzúa vén de lanzar o programa “Galeguízate”, un ciclo de actividades que, tal e como expresou a concelleira Lucía López Sobrado “buscan promover o prestixio da lingua galega, rachar cos prexuízos sobre ela e aumentar  a conciencia en relación co seu uso en todos os ámbitos da sociedade”, sinalou.

A través deste programa realizaranse actividades mensuais, a primeira xa ten data e será o vindeiro venres, 17 de novembro, en colaboración co Departamento de Lingua galega do IES de Arzúa, dirixida ao alumnado de 2º de Bacharelato.

Trátase da presentación do libro “A lingua en futuro: a mocidade imaxina o 2050”, editado por Catro Ventos, unha obra colectiva na que dezasete persoas mozas de diferentes eidos, desde a ciencia, pasando pola música, o xornalismo até a docencia, reflexionan sobre a situación da lingua galega, imaxinan o seu futuro e comparten os desexos que teñen para ela. Participarán nesta presentación no IES de Arzúa o editor Isidro xxxxxxxxxx e unha das autoras, Julieta Insangaray. “Desde a Concellaría de Normalización Lingüística queremos agradecer a colaboración entusiasta por parte do profesorado do IES de Arzúa” sinalou a concelleira Lucía López Sobrado.

López Sobrado, avanzou tamén que “xa está preparada a actividade que terá lugar no vindeiro mes de decembro. En concreto, o 16 de decembro ás 12 horas na Capela da Madanela aberto a todos os públicos, contaremos co profesor e escritor Carlos Callón, presentando a súa obra “O libro negro da lingua galega”, co que vén de gañar o premio da Crítica de Galiza 2023, na categoría de investigación”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Lucía López Sobrado animou a toda a veciñanza arzuá a “sumarse as actividades que en torno a este programa “Galeguízate!”  iremos desenvolvendo nos vindeiros meses, buscando sempre tomar conciencia da importancia de protexernos o noso ben máis prezado: a nosa lingua propia, a lingua galega, falándoa en todos os contextos, con orgullo de sermos galegas e galegos” concluíu.

Etiquetas

arzuagaleguizate
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Arzúa recuperará a memoria das mulleres represaliadas durante a Guerra Civil e a ditadura
Sin Categoría

Arzúa recuperará a memoria das mulleres represaliadas durante a Guerra Civil e a ditadura

Arzúa volverá promocionar todo o seu potencial turístico na Semana Verde de Galicia
Comarca

Arzúa volverá promocionar todo o seu potencial turístico na Semana Verde de Galicia

Begoña Balado, concelleira de Turismo: “A II BTT Arzúa Destino Verde foi unha festa do cicloturismo”
Actualidad

Begoña Balado, concelleira de Turismo: “A II BTT Arzúa Destino Verde foi unha festa do cicloturismo”

A Marcha Cicloturista BTT Arzúa Destino Verde consolídase cunha exitosa segunda edición
Comarca

A Marcha Cicloturista BTT Arzúa Destino Verde consolídase cunha exitosa segunda edición