ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadArte y CulturaComarca

Arzúa deu o pistoletazo de saída ao Entroido cun concurso de disfraces moi participativo

 

Líder Redacción

Líder Redacción

5 de febrero de 2024 a las 12:12

Compartir

 

 

Luns, 5 de febreiro de 2024. O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organizou para esta pasada fin de semana a actividade central da programación do seu Entroido.

Onte domingo, Arzúa celebrou por todo o alto o Concurso de Disfraces que fixo á xente desfurtar dun certame moi concurrido tanto de concursantes como de público. O Concello de Arzúa repartiu máis de dous mil euros entre os gañadores do concurso, distribuidos en once premios. Na modalidade de comparsas resultaron gañadores “Os de sempre”, que chegades desde Porto do Son levaron o primeiro premio de 550 euros, “Oroso viaxa no tempo” e “Tren-in-topic” desde Dodro acadaron o segundo e o terceiro posto, dotados de 300 e 150 euros, respectivamente.

No apartado de grupos de entre dous e oito compoñentes, “As arañas da Castañeda” de Oroso alzouse co primeiro premio de 300 euros, “Nave especial” de Curtis co segundo de 200 e “Fantasía oriental” chegados dende Santiago co terceiro, dotado de 120 euros.

Os disfraces individuais tamén se premiaron con 120 e 80 euros no apartado infantil e adulto. No primeiro resultou gañador o disfraz “Cleopatra” vestido por Sabela de dez anos desde Santiago de Compostela e o segundo premio foi para “Raíña do millo” de Rosalía de sete anos e de Arzúa. No que respecta aos disfraces adultos, os premiados foron “O embaixador das catro R” de Vilagarcía de Arousa e “De corvos entre o millo” de O Pino que conseguiron o primeiro e segundo posto, respectivamente.

Un ano máis, o Concello incluíu no certame un premio especial denominado “Simpatía” que ía dirixido a un grupo ou comparsa local que non resultara premiado nas categorías anteriores. A comparsa “As misteriosas criaturas da carballeira da Mota” da Asociación ARIAR de Arzúa fíxose con este galardón.

En total achegáronse a Arzúa preto de 300 participantes tanto de Arzúa como de outros concellos que fixeron desfrutar a un Multiusos Terra do Queixo que completou a súa capacidade.

Dende o Departamento de Cultura amosáronse moi satisfeitos polo alto nivel de participación e pola calidade dos disfraces e agradecidos pola implicación de todos os concursantes, así como a asistencia do público e o labor do xurado.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A programación do Entroido organizada polo Departamento de Cultura continúará a vindeira fin de semana con música e baile tradicional o sábado e co baile de disfraces na tarde do martes.

Etiquetas

arzuacomarcaentroido
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Arzúa recuperará a memoria das mulleres represaliadas durante a Guerra Civil e a ditadura
Sin Categoría

Arzúa recuperará a memoria das mulleres represaliadas durante a Guerra Civil e a ditadura

Arzúa volverá promocionar todo o seu potencial turístico na Semana Verde de Galicia
Comarca

Arzúa volverá promocionar todo o seu potencial turístico na Semana Verde de Galicia

Begoña Balado, concelleira de Turismo: “A II BTT Arzúa Destino Verde foi unha festa do cicloturismo”
Actualidad

Begoña Balado, concelleira de Turismo: “A II BTT Arzúa Destino Verde foi unha festa do cicloturismo”

A Marcha Cicloturista BTT Arzúa Destino Verde consolídase cunha exitosa segunda edición
Comarca

A Marcha Cicloturista BTT Arzúa Destino Verde consolídase cunha exitosa segunda edición