ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

DestacadoEducaciónSociedad

Arzúa conmemora o Día da Infancia con actividades culturais para escolares

Venres, 10 de novembro de 2023.- O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa programa o Día da Infancia con motivo da conmemoración do Día Internacional do Neno o 20 de novembro con espectáculos para escolares en horario lectivo. Trátanse de espectáculos musicais nos que se traballa a igualdade.

Líder Redacción

Líder Redacción

10 de noviembre de 2023 a las 20:16

Compartir

Os nenos, nenas, mozos e mozas dos centros educativos de Arzúa poderán participar de balde nas actuacións musicais que se celebrarán no Multiusos Terra do Queixo.

A primeira sesión será o luns, día 13, para o alumnado de Educación Infantil que poderán gozar dunha actuación musical a cargo de María e Jorge con Soñando inventei, un espectáculo musical no que a través da escolla de cancións se traballa a diversidade e a igualdade de xénero. As cancións que se interpretan forman parte do libro disco Fantasía coas palabras publicado pola editorial Galaxia.

O martes día 14 será a quenda para o alumnado de 1º, 2º e 3º curso de Educación Primaria que participarán no espectáculo Bravas. O rexurdir da luz de A Gramola Gominola cun traballo de auténtico Rock&Roll que pon en valor ás Superheroínas que tratan de cambiar o mundo cos seus superpoderes. As súas protagonistas empregan os seus poderes para loitar contra o abuso escolar, defender a lingua, protexer a natureza e visibilizar as emocións.

Outra proposta destinada aos escolares de 4º, 5º e 6º de Primaria terá lugar o mércores 15. O espectáculo FemininoPlural da man de Silvia Penide e Carla López. Este proxecto xorde da necesidade de amosar o importante percorrido de diversas mulleres autoras no transcurso da historia da humanidade.

E, por último, o xoves 16, os mozos e mozas da ESO pecharán este programa de actuacións coa función Catuxa Salom, Loop Station. Catuxa Salom presentou en novembro de 2022 o seu primeiro traballo en solitario, Nunha aldea. Un EP creado na aldea de Pontenova, entre as montañas de Lugo, que fusiona folclore galego, ritmos latinoamericanos e electrónica. As súas cancións son un canto á vida rural, ao ecofeminismo e ás raíces, un convite a conectar co noso pasado.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O Concelleiro de Cultura, José Luís García, destaca a importancia deste programa que “asegura a participación de todas as nenas e nenos do municipio dando acceso así á cultura desde a infancia nunha iniciativa á que acudirán máis de 500 escolares”.

Etiquetas

arzuaculturaeducacioninfancia
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Arzúa recuperará a memoria das mulleres represaliadas durante a Guerra Civil e a ditadura
Sin Categoría

Arzúa recuperará a memoria das mulleres represaliadas durante a Guerra Civil e a ditadura

Arzúa volverá promocionar todo o seu potencial turístico na Semana Verde de Galicia
Comarca

Arzúa volverá promocionar todo o seu potencial turístico na Semana Verde de Galicia

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock
Destacado

600 estudantes pechan a tempada de Fala que Fala coa aplaudida actuación de Tentáculo Rock

“La IA no sustituye al docente”: Antonio Reyes analiza cómo está cambiando la educación
Actualidad

“La IA no sustituye al docente”: Antonio Reyes analiza cómo está cambiando la educación