ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaDeputación da CoruñaPolítica

Arzúa anima ao comercio local a sumarse ao programa MercaNaVila da Deputación da Coruña

Begoña Balado, concelleira Turismo, Promoción Económica e Acción Urbana do Concello de Arzúa, fai un chamamento a todo o tecido comercial do municipio para que se sume ao novo programa. Unha oportunidade moi importante para dinamizar as vendas, fidelizar a clientela e reforzar o valor do comercio de proximidade

Líder Redacción

Líder Redacción

6 de octubre de 2025 a las 16:19

Compartir

Arzúa, 6 de outubro de 2025.- A área de Comercio e Turismo do Concello de Arzúa fai un chamamento a todo o tecido comercial do municipio para que se sume ao novo programa MercaNaVila, impulsado pola Deputación da Coruña e presentado oficialmente esta mañá polo presidente provincial, Valentín González Formoso, acompañado polo presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, e polas deputadas provinciais Avia Veira e Rosa Ana García.

O plan, dotado cun orzamento de 6 millóns de euros, está dirixido aos concellos de menos de 20.000 habitantes co obxectivo de reactivar a economía do rural, dinamizar as pequenas tendas e apoiar a modernización do sector comercial de proximidade. A través dunha aplicación móbil, todas as persoas maiores de 18 anos poderán acceder a bonos de ata 100 euros en descontos para compras nos establecementos adheridos.

Segundo explicou o presidente da Deputación, González Formoso, o comercio local “estrutura as vilas galegas e precisa apoio ante os cambios tecnolóxicos e sociais que están a afectar aos hábitos de consumo”. Pola súa parte, a deputada Avia Veira destacou que programas coma este “axudan a fixar poboación e xerar novas oportunidades económicas no rural”, mentres que o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, celebrou a colaboración institucional lembrando que “o comercio é a vida das vilas”.

Unha oportunidade clave para Arzúa

Desde a área de Comercio e Turismo do Concello de Arzúa, a edil responsable Begoña Balado aplaudiu esta iniciativa e animou a todos os establecementos locais a inscribirse no programa antes do 20 de outubro a través da web oficial mercanavila.gal.

“Trátase dunha oportunidade moi importante para dinamizar as vendas, fidelizar a clientela e reforzar o valor do comercio de proximidade, que é esencial para manter vivas as nosas rúas e a nosa economía local. Ademais, encaixa perfectamente con outras campañas que vimos desenvolvendo desde o Concello, especialmente nas épocas de outono e Nadal, que son estratéxicas para o pequeno comercio”, sinalou a concelleira.

A responsable municipal tamén lembrou que o comercio de proximidade “é moito máis ca un punto de venda: é servizo, é trato humano, é calidade e forma parte da identidade e da vida diaria de cada vila. Por iso convidamos a todos os comercios de Arzúa a sumarse a MercaNaVila e aproveitar esta ferramenta que suporá un impulso directo para o noso sector comercial”.

Inscricións abertas

Os establecementos interesados xa poden realizar a súa inscrición en mercanavila.gal, onde atoparán toda a información sobre o funcionamento do programa, os prazos e os requisitos de participación. O prazo permanecerá aberto ata o 20 de outubro, e a previsión é que os bonos poidan comezar a empregarse nas vindeiras semanas, coincidindo co arranque da campaña de outono.

Con esta adhesión, Arzúa busca reforzar o compromiso co seu tecido empresarial local, ofrecendo novas ferramentas que contribúan a mellorar a competitividade das tendas e a consolidar a súa posición como un motor económico fundamental para o municipio.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Etiquetas

arzuacomerciomerca na vila
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Arzúa recuperará a memoria das mulleres represaliadas durante a Guerra Civil e a ditadura
Sin Categoría

Arzúa recuperará a memoria das mulleres represaliadas durante a Guerra Civil e a ditadura

Arzúa volverá promocionar todo o seu potencial turístico na Semana Verde de Galicia
Comarca

Arzúa volverá promocionar todo o seu potencial turístico na Semana Verde de Galicia

Begoña Balado, concelleira de Turismo: “A II BTT Arzúa Destino Verde foi unha festa do cicloturismo”
Actualidad

Begoña Balado, concelleira de Turismo: “A II BTT Arzúa Destino Verde foi unha festa do cicloturismo”

A Marcha Cicloturista BTT Arzúa Destino Verde consolídase cunha exitosa segunda edición
Comarca

A Marcha Cicloturista BTT Arzúa Destino Verde consolídase cunha exitosa segunda edición