ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

Aprobada a rehabilitación da Torre do Reloxo da Catedral de Santiago por 1,7M€

O executivo municipal concedeu ao Arzobispado de Santiago a licenza para realizar a restauración e rehabilitación integral da Torre do Reloxo cun orzamento de execución material de 1.705.504,96 euros.

Líder Redacción

Líder Redacción

21 de octubre de 2025 a las 11:55

Compartir

O proxecto, redactado polos arquitectos Óscar e Iván Andrés Quintela, desenvolve as seguintes intervencións: restauración de toda a fábrica pétrea, tanto no exterior como no interior, incluíndo puntualmente reforzos estruturais; restauración das pinturas sobre a fábrica de pedra, como as existentes nas esferas exteriores do reloxo e nos zócolos interiores, así como das pinturas sobre a madeira da caixa da maquinaria; rehabilitación do espazo interior para facilitar o acceso a todos os niveis da torre, reparando estruturas de madeira e substituíndo as deterioradas ou descontextualizadas; reparación ou substitución da carpintería exterior e interior dos ocos por novos elementos de madeira e inclusión de novas carpinterías acristaladas resoltas con perfís de aceiro; execución dunha nova estrutura de madeira para soster a campá principal, substituíndo a metálica existente; reparación da maquinaria do reloxo e do mecanismo de golpeo das campás; e execución dunha nova instalación eléctrica e de iluminación en toda a torre.

O proxecto enmárcase no Plan director do conxunto da Catedral, aprobado pola Xunta de Goberno o 27 de outubro de 2009; conta co informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural (04.03.2025) e co ditame favorable da Comisión Asesora do Patrimonio Histórico do Plan especial PE-1 (04.02.2025).

Outros asuntos 

Na mesma sesión da Xunta de Goberno aprobouse o expediente que ten por obxecto a licitación do Servizo de mantemento do software de xestión integral de usuarios de Servizos Sociais cun orzamento base de licitación de 66.598,40 € (base impoñible de 56.918,40 € máis IVE do 21% de 9.680,00 €) e coa seguinte desagregación: 2.371,60 € (2025); 38.139,20 € (2026); 26.087,60 € (2027).

Este software permite a xestión integral dos servizos sociais comunitarios a través dunha serie de módulos totalmente configurables e que aglutinan a totalidade dos traballos que se realizan no ámbito da área social. Inclúe, tamén, o soporte ás peticións que desde os servizos sociais se realizan para adecuar a ferramenta ás súas necesidades e á lexislación vixente, así como a mellora da integración con outras ferramentas municipais. Ábrese agora un procedemento negociado sen publicidade de adxudicación.

Tamén se aprobou o convenio de colaboración entre o Concello de Santiago de Compostela e a Asociación do Traxe Galego por importe de 20.000 euros. A actividade obxecto do convenio é a celebración do 30 aniversario da asociación, que comprende unha exposición de indumentaria popular galega, unhas xornadas arredor do traxe, faladoiros e obradoiros celebrados en centros cívicos e culturais de Santiago, unha actividade titulada ‘O traxe para os peques’ e unha exposición de cartaces e fotografías.

Na mesma sesión autorizouse a revisión de prezos do contrato mixto de subministración e servizos enerxéticos do alumeado público exterior, solicitada pola UTE SANTIAGO  ALUMBRADO, adxudicataria deste contrato segundo o acordo da Xunta de Goberno do 11 de abril de 2023.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

De acordo con isto, o canon redúcese en 8.844,32 euros mensuais ou 106.131,89 € ano, IVE incluído, con efectos dende o 1 de novembro de 2024 e ata o 31 de outubro de 2025, durante o segundo ano de execución do contrato.

Etiquetas

catedraltorre do reloxo
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Catedral, Mercado… y ahora, este rincón del Ensanche conquista a los peregrinos
Destacado

Catedral, Mercado… y ahora, este rincón del Ensanche conquista a los peregrinos

O Mestre Mateo revive en cor: así era realmente o “santo dos croques”
Actualidad

O Mestre Mateo revive en cor: así era realmente o “santo dos croques”

Santiago escolle a proposta que definirá a paisaxe nocturna da contorna da Catedral nas vindeiras décadas
Actualidad

Santiago escolle a proposta que definirá a paisaxe nocturna da contorna da Catedral nas vindeiras décadas

Descubren una ventana románica en las obras de restauración de la catedral
Actualidad

Descubren una ventana románica en las obras de restauración de la catedral